Asesoría Sueiro Xiria (14+16) 30: Guillín, Joaquín (11), Diego Díaz (4), Javi Viqueira (1), Juan, Óscar (1) e Ramón (3) – equipo inicial – Iago (p.s.), Manuel (6), Diego Puente, Eloy (2), Boti, Norberto (1) e Ricardo (1).
SD Octavio Vigo (11+13) 24: Guzmán, Jacobo (2), Pedro (8), Agustín (1), Daniel (1), Ramón (1) e José Manuel (6) –equipo inicial- David González, Adrián Rivas (1), David Alonso (2), Javier (1), Adrián Leiros (1), Pablo, David González e Luís.
Árbitro: Flores. Sen complicacións.
Incidencias: Encontro correspondente á 1ª Xornada do Campionato Galego Xuvenil Masculino disputado no Pavillón da Zona Escolar en Carballo ás 17:00. Preto dun centenar de espectadores nas bancadas.
O Asesoría Sueiro Xiria sumou unha importante e contundente victoria fronte ao Octavio de Vigo, en partido correspondente á 1ª xornada de liga do Campionato Galego Xuvenil Masculino.
O Asesoría Sueiro Xiria comezou de forma excelente a súa andaina no Campionato Galego e sumou un trunfo que confirma o bo momento de xogo e resultados do equipo de Marcos Trigo. O conxunto carballés saíu moi metido no encontro e xa nos primeiros minutos conseguíu unha vantaxe de tres goles grazas ao acerto anotador de Joaquín e a excelente aportación de Guillín na portería. O Octavio reaccionou e, máis polas imprecisións dos locais, conseguiu achegarse no marcador. A igualdade foi a tónica predominante do primeiro tempo ata que, nos últimos minutos, o Xiria reaccionou e grazas á boa dirección de Manuel conseguiu irse ao descanso cunha vantaxe de tres goles (14-11) Hai que salientar, igualmente, as boas prestacións defensivas do equipo, cun Óscar espectacular nesta faceta.
O Asesoría Sueiro Xiria, pese a abusar das accións individuais ao comezo da reanudación, aproveitou o baixón do seu rival para comezar cun parcial de 5-1 e abrir unha brecha de sete goles que sería xa insalvable para o Octavio. O conxunto olívico foi sempre por detrás no marcador e, cando puido achegarse a catro goles, apareceu Iago baixo paos para cortar calquera tipo de reacción. Os dous porteiros do Xiria volveron a mostrar o seu excelente estado de forma e contribuiron de forma notoria á victoria local. O Asesoría Sueiro Xiria soubo xogar co tempo e o resultado e asinou unha victoria final de seis tantos, importantísima para tentar o obxectivo de xogar o campionato estatal. Hai que destacar, de novo, o acerto anotador de Joaquín, autor de 11 tantos, ademais das boas prestacións que deu o porteiro visitante Guzmán, a pesar dos 30 goles encaixados.
A vindeira semana, o Xiria visita Pontevedra para enfrontarse ao Cisne na segunda xornada do Campionato Galego.
