Ifecgas Pereira Xiria (20+20): Naya, Nestor (5), Óscar (4), Ivan (8), Diego (4), Zas (8), Andrés (2) –equipo inicial- Mecias, Boti (2), Dani (3), Pombo (4), Borja.
Grupo Deportivo Ribeira (9+13): Robert, Francisco (11), Antonio (2), Sampedro (2), Daniel (2),Óscar (3), Jorge (2) –equipo inicial- Andrés.
Colexiados: Sr. Jose ignacio Pereira Navaza. Non influiu no resultado final.
O Ifecgas Pereira Xiria acadou dous puntos no partido que o enfrontou ó Grupo Deportivo Ribeira e que rematou cun marcador de 40 a 22 favorable aos carballeses. No descanso o resultado era de 20 – 9 favorable o equipo local.
Partido malo de solemnidade por parte dos dous equipos que, ó igual que o día, estiveron fríos e espesos no seu xogo. Os carballeses non eran quen de mostrar a súa teórica superioridade e así mostraba o marcador na metade do primeiro tempo un sorprendente empate. Ben e certo que o espexismo durou pouco para os visitantes, que vían como o Ifecgas Pereira, a pesar de facer un mal xogo, mostrábase moi superior baseándose, sinxelamente, na súa maior calidade e impoñendo xa un resultado abultado no descanso de 20 a 9.
A segunda parte transcorreu da mesma maneira, nun partido frouxo por parte de ambos equipos e feo de ver para os pais e rapaces/as que se acercaron ao pavillón Vila de Noia. Desta maneira, e pasado o trámite, debemos de quedarnos cos dous puntos como a nota positiva que permite aos de Carballo seguir no mais alto da clasificación, pero sen esquecer que moito terá que cambiar o xogo se se quere derrotar o vindeiro fin de semana ó OAR coruñes, único equipo que conseguiu derrotar aos carballeses ata o momento na competición ligueira.
