ASESORÍA SUEIRO XIRIA 32 – CANGAS PROMALAR 35

Asesoría Sueiro Xiria (15+17) 32: Iago, Díaz, Juan (3), Manuel (7), Ramón (4), Iván (4) e Eloy (1)– equipo inicial –Guillín (p.s.), Ricardo (6), Javier (1), Óscar, Puente (1), Norberto (4) e Boti.
Cangas Promalar (17+18) 35: Cayetano, David (8), Fabian (4), Rubén Soliño (7), Davila (3), Rial (6) e Adrian (4) – equipo inicial – Aaron (p.s.), Mendoiña (2), Cristobal, Borja, Noel, Camiña e Hugo (2).
Árbitro: Iván Meijide e Daniel Lago. Mal.
Incidencias: Encontro correspondente á 9ª Xornada do Campionato Galego Xuvenil Masculino disputado no Pavillón da Zona Escolar en Carballo ás 17:00 h ante uns 150 espectadores. Desprazouse numeroso público dende Cangas para animar ó seu equipo.

O pasado sábado o Asesoría Sueiro Xiria recibía en Carballo ao segundo clasificado, o Cangas, que está a ser a auténtica revelación desta Liga Galega. Para o encontro os carballeses contaban coa importante baixa de Joaquín, que xa levaba arrastrando dende había dúas semanas unhas molestias na man esquerda, que non lle permitiron xogar esta semana.

O comezo do partido foi de ida e volta, cun un ritmo elevado de partido onde os dous equipos anotaban con facilidade. A partir do minuto 10 o Cangas colleu unha vantaxe de catro goles, que pronto sería neutralizada polos locais. Esta tónica manteríase durante todo o partido, con constantes arreóns de un e outro equipo.

No segundo tempo o Xiria foi capaz de darlle a volta o partido e mediada a segunda parte mandar por dous tantos (27-25). Pero seguindo a constante do partido o Cangas volveu a recuperar a vantaxe que xa sería definitiva. Foi un partido con moitos erros por parte dos dous equipos, e onde a emoción se mantivo durante os sesenta minutos.

A vindeira semana o Asesoria Sueiro Xiria remata a Liga Galega na cancha do líder, o Lavadores, o domingo ás 12 da mañá.