ASESORÍA SUEIRO XIRIA 36 – S.D. Octavio Vigo 20

04/03/2004 5ª XORNADA

ASESORÍA SUEIRO XIRIA: Enrique, Cuco ( 6 ), Fernando ( 5 ), Dubra ( 2 ), Chimpo ( 5 ), Carlos ( 6 ), Pablo ( 5 ) – equipo inicial – Miguel, Alberto, Roger, Hugo ( 2 ), Queco ( 1 ), Alejandro ( 3 ), Gonzalo ( 1 ).

S.D. OCTAVIO VIGO: Carlos, Brais ( 1 ), Xavi ( 1 ), Pablo ( 3 ), Marcos ( 2 ), Xosé ( 5 ), Manuel ( 1 ) – equipo inicial – Pedro ( 1 ), Blanco ( 2 ), Iago ( 1 ), Pajariño, Xurxo ( 1 ), David ( 1 ), Andrés ( 1 ).

O Asesoría Sueiro Xiria rematou a primeira volta de Liga Galega Xuvenil como líder invicto, tras acadar a quinta victoria consecutiva, desta volta ante o Octavio de Vigo por un esmagador 36 – 20.

Enfrontábanse os dous equipos que acadaron sendos títulos de campión zonal nun partido que se presentaba moi entretido e en teoría disputado; recordar que estaban empatados no alto da táboa con oito puntos. Un comezo incerto dos locais fixo que o equipo vigués acadara as primeiras vantaxes, a defensa non funcionaba e en ataque non estaban as ideas claras. A situación non cambio ata o minuto dezasete da primeira parte, tras un tempo morto o conxunto carballés comezou a desenrolar unha grande presión defensiva que se transformaba en rápidos contragolpes, mentres a defensa viguesa non podía co ataque posicional do Xiria. Nos derradeiros trece minutos da primeira metade o parcial foi de 7 –1 favorable os carballeses, e aquí rematou a historia do partido. O adestrador visitante decidiu dar entrada os xogadores menos habituais que non foron quen de variar o rumbo.

Na segunda metade os locais non se conformaron con gañar senón que seguiron imprimindo un alto ritmo o encontro para acadar unha victoria que sacou as cores a todo o cadro visitante.

1-3 / 4-6 / 8-9 / 12-11 / 14-11 / 17-11 / 20-12 / 24-14 / 27-15 / 30-17 / 33-19 / 36-20

O colexiado Sr. León Herbosa tivo unha aceptable actuación.