ASESORIA SUEIRO XIRIA 38 – BUEU ATL. BM. 34

Asesoría Sueiro Xiria: José Luis, Cristophe ( 15 ), Aitor ( 1 ), Gonzalo ( 5 ), Óscar ( 2 ), Joaquín ( 9 ), Javier ( 4 ) – equipo inicial – Manuel, Diego ( 2 ), Eloy, Iván, Iago, Anxo,Jesús.

Beu Atl. Bm.: José, Moisés ( 7 ), Mauro ( 3 ), David ( 15 ), Iván ( 2 ), Juan ( 4 ), Abel ( 3 ) – equipo inicial – Gonzalo, Aitor, Alfonso, Daniel, Héctor, Borja, Carlos.

Colexiado: O colexiado Sr. Fernández non influiu no resultado.

O Asesoría Sueiro Xiria comezou a segunda volta da liga xuvenil galega cunha victoria ante o Bueu Atl. por 38 a 34, chegouse ó descanso con empate a 18 goles.

Partido moi importante para os dous equipos e que se decantou do lado do que foi capaz de defender algún dos ataques do outro equipo.

Primeira parte para esquencer na que cada ataque remataba en lanzamento moi cómodo e so a actuación dos porteiros impediu que se chegase ó tempo de lecer cun marcador que podería corresponderse ó final do encontro. As alternativas foron constantes e ningún equipo sacou máis de dos goles de ventaxa pero o 18 – 18 do minuto trinta deixaba as espadas en todo o alto.

Nada cambiou nos primeiros dez minutos do segundo tempo, no que o Bueu colleu o mando e chegou a ter tres goles a favor. Mais do minuto dez ó dezaoito o Asesoría Sueiro comenzou a funcionar en defensa e conseguiu acadar unha ventaxa de catro goles que se mantivo ata o final do partido. Pero do mesmo modo que incrementou a sua actividade defensiva, así voltou a desaparecer para entrar en un toma e daca que favorecía os carballeses, xa que a defensa do Bueu en ningún momento puido co ataque do Xiria.

A vindeira xornada o Asesoría Sueiro desprázase a Pontevedra para enfrontarse ó Cisne noutro partido decisivo de cara a clasificación final.