BM. PORRIÑO 9 – GARAYSA XIRIA 20

Bm. Porriño: Noelia, Raquel (4), Yolanda (2), Mª Carmen, Cintia, Carla (1) e Jessica (2) – equipo inicial – Laura, Carmen, Alejandra e Anais..

Garaysa Xiria: Raquel, Juana (2), Adriana (1), Marta (4), Iria (2), Yanin (1) e María (4) – equipo inicial – Cristina (2), Paula, Fernanda (3) e Jessica (2).

Partido sen moita historia, onde as ausencias do equipo local mermaron claramente as súas forzas, polo que en ningún momento puideron facer fronte ao Xiria que continúa en progresión constante. Así o entrenador Edu Orgaz puido de novo dar minutos a tódalas xogadoras, pensando xa no enfrontamento decisivo do vindeiro domingo, onde se xoega a 5ª praza ante o Bueu.

Resaltar de novo a seriedade defensiva, xa que durante 20 minutos (os últimos dez da primera parte e os primeiros dez da segunda) lograron manter a portería a cero. A relaxación, lóxica por outra parte fixo que o resultado non fora moito máis contundente. Sinalar tamén que non se errou ningún lanzamento de sete metros.