PROCASA XIRIA 22 – EPAAT OLEIROS 28

Procasa Xiria: Naya, Iago, Damián, Miguel, David ( 3 ), Mecías, Zas ( 14 ), Martín, Dani ( 3 ), Antón ( 1 ), Jorge, Brais (5).

Colexiado: O colexiado Vicente Pérez non tivo unha boa actuación.

Recibía o Procasa Xiria ao Epaat Oleiros, xa campión da competición e invicto ata o momento, que xa derrotara aos carballeses na primeira volta por dous tantos de diferencia. Un equipo o de Oleiros moi superior ao Procasa en canto á súa antopometría, xa que a maios parte dos seus xogadores son de segundo ano namentres os carballeses contas nas súas ringleiras con maioria de xogadores de primeiro ano e catro alevíns que veñen xoganmdo de forma habitual. Esto, unido a que o equipo visitante ten un mellor xogo colectivo e, polo momento, uns conceptos máis avanzados que os de Carballo fan que sexa un equipo moi sólido. De todas formas vironse cousas por parte dos rapaces de Fernando Vázquez, sobre todo é de destacar a apreciable mellora na actitude nas últimas semanas, primeiro paso a destacar para conquerir posteriormente unha mellora tanto individual coma colectiva. O Eppat Oleiros será o representante provincial na fase final do campionato galego. O Procasa xogarase a honra de ser subcampión este fin de semana na cancha do Camariñas, onde deberá obter a victoria para ser segundo.