Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

ASESORÍA SUEIRO XIRIA 38 – TIRSO MOSTEIRO DE POIO 10

Asesoría Sueiro Xiria (12+26) 38: Iago, Ramón (1), Ricardo (4), Norberto (5), Joaquín (10), Manuel (12) e Eloy – equipo inicial – Guillín (p.s.), Puente (2) e Óscar (4). Tirso…

Asesoría Sueiro Xiria (12+26) 38: Iago, Ramón (1), Ricardo (4), Norberto (5), Joaquín (10), Manuel (12) e Eloy – equipo inicial – Guillín (p.s.), Puente (2) e Óscar (4).
Tirso Mosteiro de Poio (4+6) 10: Diego, Pablo (2), Alejandro, Alberto (4), Felipe (1), Juan (1) e Marcos (1)– equipo inicial – Sergio (1), Jaime (1), Veison, Alfonso e Miguel.
Árbitro: José Ignacio Pereira. Ben.
Incidencias: Encontro correspondente á 13ª Xornada do Campionato Territorial Norte Xuvenil Masculino disputado no Pavillón da Zona Escolar en Carballo ás 10:30. Apenas 30 espectadores nas gradas.

O Xiria remataba o ano recibindo ó quinto clasificado da liga, o Tirso Mosteiro de Poio, nun encontro no que os locais comparecían moi mermados de efectivos, coas baixas de Diego Díaz, Javier Viqueira, Juan Cancela e a de última hora do cadete Iván Amarelle debido a unhas molestias no talón esquerdo.

A primeira parte xogouse a un ritmo moi lento e pausado, onde os carballeses foron sempre por diante no marcador, e onde case todas as situacións eran de ataque estático, este ritmo tan cansino unido a boa actuación do porteiro Diego (o mellor dos ferroláns) posibilitou que o Xiria non collese unha renda importante no marcador, que aínda así xa era de oito tantos (12-4).

No segundo tempo cambiou a decoración por completo, os locais saíron cun ritmo que o Tirso xa non foi capaz de seguir, cunha defensa moi presionante que posibilitaba rápidos e continuos contraataques. De aí ata o final a diferencia medrou dun xeito considerable, e salvo algunha intervención de mérito do porteiro visitante que fixo que está non fose aínda maior, o partido non tivo máis historia. Os porteiros do Xiria (Iago e Guillín) ao igual que no Torneo Internacional tamén estiveron a un bo nivel, como o demostra o resultado final de dez tantos encaixados, que é a máis baixa encaixada ata o momento por calquera equipo no que vai de liga.

Tras o parón do Nadal o campionato de liga reanudarase o día 13 de Xaneiro, para disputar a última xornada e determinar que equipo quedará campión da Zona Norte, no decisivo encontro que enfrontará na Coruña ao Asesoria Suerio Xiria e ao Caixanova Oar, ámbos os dous empatados a 21 puntos e xa clasificados para a Liga Galega, onde se enfrontaran aos catro equipos da Zona Sur que xa se clasificaron este fin de semana e que tamén dilucidarán os días 13 e 14 de Xaneiro quen será o campión cos seguintes emparellamentos de semifinais: Cisne-Octavio e Lavadores-Cangas.