ASESORIA SUEIRO XIRIA 4 – BM.NARÓN 30

Punta del Este Xiria: Cris (2), Rosanna (1), María, Belén, Noelia (1), Florencia.

Bm Narón: Leila, María (1), Silvia (10), Nerea (10), Iria (6), Carla, Claudia (2) –equipo inicial- Camila, I. Luaces, Carolina (1).

Colexiado: O colexiado Enrique Taboada non influiu no resultado final.

O Bm Narón derrotou ao Asesoría Sueiro Xiria en partido aprazado do Trofeo Delegación Territorial e que pecha a campaña na categoría infantil feminina. O equipo visitante valeuse da sua maior capacidade técnica e táctica, ási como da súa maior antropometría e forza fisica, para levarse o partido con comododade. Engadir que ademais o equipo carballés compareceu con tan só con cinco xogadoras, xa que Carolina segue a recuperarse dunha longa enfermidade e Paula non aparerceu por motivos descoñecidos. Agradecer o xesto deportivo do Bm Narón permitindo que coas carballesas fromara unha xogadora cadete e saltando á pista con seis efectivos, ao igual que o equipo local. A desigualdade entre os dous equipo notouse tamén pola maior experiencia das visitantes. Este cúmulo de situacións fixeron que as de Narón demostraran a sua superioridade con moita claridade, aínda que se puideron ver destellos importantes e significativos por parte das de Fernando Vázquez. Na segunda parte as xogadoras carballesas saironn con mais desparpaxo e amosaron momentos de calidade, o que fai pensar que se seguen a traballar como o estan facendo poden ser xogadoras importantes nun futuro.