ASESORIA SUEIRO XIRIA 40 – TIRSO DE MOLINA 8

Asesoría Sueiro Xiria: Iago, Cristophe ( 6 ), Joaquín ( 10 ), Gonzalo ( 7 ), Óscar ( 3 ), Aitor ( 5 ), Javier ( 1 ) – equipo inicial – Manuel ( 4 ), Diego ( 2 ), Anxo (2 ), Eloy, José Luis, Iván.

Tirso De Molina: Diego, Xan, Alberto ( 2 ), Miguel, Ramón, Ismael, Carlos ( 3 ) – equipo inicial – Víctor, Felipe, Yeison ( 1 ), Alejandro ( 1 ), Alfonso, Ignacio, Rafael ( 1 ).

Colexiado: O colexiado Sr. Currás pasou desapercibido.

O Asesoría Sueiro Xiria sumou dous novos puntos ante o Tirso de Molina por 40 goles a 08, no descanso 18 – 04.

Os carballeses estiveron centrados en defensa ó longo dos sesenta minutos, agás en algunha ocasión ante rechaces provintes de paradas dos porteiros carballeses, o que foi máis que suficiente para pasar por riba do Tirso de Molina que deiuxou unha pobre impresión.

Só a falta de tino en lanzamentos claros de seis metros impediu un resultado ainda mías abultado nun partido moi fácil dende o inicio.

A próxima xornada será dentro de quince días xa que o Asesoría Sueiro descansa na próxima xornada, cando os carballeses visiten a cancha do OAR Caixanova. Unha victoria do Asesoría Sueiro fronte aos coruñeses aseguraríalles aos de Marcos Rodríguez a clasificación matemática para a fase final da Liga Galega a falta de tres xornadas.