Asesoria Sueiro Xiria: Guillín, Cristophe ( 4 ), Gonzalo ( 5 ), Alejandro ( 3 ), Joaquín ( 11 ), Jesús ( 2 ), Aitor ( 6 ) – equipo inicial – Anxo ( 2 ), Manuel ( 1 ), Diego ( 1 ), Oscar, Iago, Eloy ( 7 ).
Tirso de Molina: Diego, Xan ( 4 ), Alberto ( 2 ), Miguel, Ramón, Ismael, Carlos ( 4 ) – equipo inicial – Víctor, Felipe, Yeison, Francisco, Ignacio, Rafael ( 3 ).
Colexiados: Os colexiados Sanmartin e Andrada tiveron unha correcta actuación.
O Asesoría Sueiro Xiria desprazouse a Ferrol para disputar o encontro da segunda xornada da liga provincial xuvenil ante o Tirso de Molina acadando unha cómoda victoria por 42 a 13, no descanso 16 – 7.
O encontro so durou os quince primeiros minutos nos cales o cadro carballés estivo descentrado o que o levou a cometer moitisimos erros en ataque e defensa, pero no momento no que aumentou a sua concentración despegouse claramente no electrónico e so as exclusións sufridas na primeira metade, froito de non estar ca máxima intensidade defensiva, permitiron que o marcador o descanso non fose máis amplo.
No segundo tempo cambiou totalmente a actitude dos carballeses que quixeron deixar claro cal é a diferencia entre os dous conxuntos, e a pesar dos erros no lanzamento, saldou os segundos trinta minutos cun parcial de 26 a 6.
A vindeira fin de semana o Asesoria Sueiro Xiria tócalle descansar, e voltará a competición o domingo día 23 de Outubro ante o Caixanova O.A.R.