ASESORIA SUEIRO XIRIA 9 – BM.NARÓN 23
Asesoria Sueiro Xiria: Cris (1), Rosanna (1), Paula, María (1), Carolina (5), Noelia (1), Florencia. Bm Narón: Jessica, Silvia (5), Nerea (8), Iria (5), Carla (4), Estela, Ainhoa –equipo inicial-…
Asesoria Sueiro Xiria: Cris (1), Rosanna (1), Paula, María (1), Carolina (5), Noelia (1), Florencia.
Bm Narón: Jessica, Silvia (5), Nerea (8), Iria (5), Carla (4), Estela, Ainhoa –equipo inicial- Sabela, Camila.
Colexiados: O colexiados Pablo León e David Taboada estiveron ben.
O Bm Narón derrotou ao Asesoría Sueiro Xiria no segundo partido, aínda que pertencente á primeira xornada que fora aprazado, da liga provincial cadete feminina. O equipo visitante valeuse da sua maior capacidade técnica e táctica, ási como da maior antropometría e forza fisica (as carballesas xogan con tres alevíns). A desigualdade entre os dous equipo notouse tamén pola maior experiencia das visitantes. Este cúmulo de situacions físicas e técnicas fixeron que as de Narón demostraran a sua superioridade con moita claridade, aínda que se puideron ver destellos importantes e significativos por parte das de Carballo.
Na segunda parte as xogadoras carballesas sairon con mais desparpaxo e tiveron mostras de calidade, que fai pensar que se seguen a traballar como o estan facendo poden ser xogadoras importantes nun futuro non moi lonxano.
Boas sensacions deron as rapazas de Fernando Vázquez neste primeira experiencia no 40×20 para moitas delas demostrando que se seguen loitando desta maneira mellorarán moito.