Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

BM PONDEDEUME.ES 11 – IFECGAS PEREIRA XIRIA 38

Balonmán Pontedeume.es (9+2) 11: David Sanjuan, Fernando, Antón, Antonio, David Prego, Kevin (2), Hugo (3), José, Martin (2), Carlos Veiga (4), Carlos Taboada, David Rivas, Carlos Rico, Eder. Ifecgas Pereira…

Balonmán Pontedeume.es (9+2) 11: David Sanjuan, Fernando, Antón, Antonio, David Prego, Kevin (2), Hugo (3), José, Martin (2), Carlos Veiga (4), Carlos Taboada, David Rivas, Carlos Rico, Eder.
Ifecgas Pereira Xiria (17+21) 38: Chou, Damián (8), Ricardo, David (6), Heitor (8), Ivan (3), Joaquin (4), Miguel (6), Bisbi, Luis (3), Jorge.
Colexiado: Alberto Picallo e José Carlos. Sen complicacións.

Sen comentarios! pode ser o resumo do partido que enfrontou, na novena xornada do campionato provincial infantil, a Balonmán Pontedeume.es e o Ifecgas Pereira Xiria na pista eumesa. Pois a pesar do avultado do resultado (vitoria por 27 goles de diferenza para o Xiria) foi un mal partido en defensa e en ataque. Unha defensa con moitos erros nas marcas e un ataque moi estático que non buscaba o gol mais que un par de xogadores en acción individuais en bote.

Estaba claro que por un lado o madrugón (ergeuerse ás 8 da mañá), a longa viaxe (perderónse no traxecto), o curto periodo de quecemento e o rival, rival ao que xa dobregaran na casa por 45 goles de diferenza non axudou moito. Pero istas non poden ser escusas para seguir traballando en tódos os partidos durante toda a súa duración.

A vindeira semana visita Carballo a EM Camariñas. Partido para o que, ao contraio que o iste, non fará falla motivar os xogadores, xa que para xogar un derbi como este todos están motivados xa dende o primeiro adestramento.