Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

OAK ENGLISH XIRIA 32 – BALONMAN OLEIROS 32

Oak English Xiria (13+19) 32: Naya, Barreiro (5), Iago (3), Zas (6), Brais (1), Martín, David (7), Bisbi, Miguel (7), Antón (3), Alberto, Iván, Jorge. Adestrador: Juan M. Rodríguez. Balonmán…

Oak English Xiria (13+19) 32: Naya, Barreiro (5), Iago (3), Zas (6), Brais (1), Martín, David (7), Bisbi, Miguel (7), Antón (3), Alberto, Iván, Jorge. Adestrador: Juan M. Rodríguez.
Balonmán Oleiros (16+16) 32: David (3), Marcos (5), Bruno, Guillermo, Baptiste, Sergio (5), Pedro (2), Miguel (5), Flavien (10), D. Vallejo, Daniel, José (2). Adestrador: David Mariño.
Colexiados: Marcelo Del Rio e Ivan Meijide. Moi mal.

Encontro aprazado pertencente á 6ª xornada do campionato territorial cadete masculino. Visitaba a pista carballesa o líder invicto da clasificación. Os de Carballo de obter a vitoría empatarían a puntos co segundo clasificado, o Oar, e ambos ficarían a tan só dous puntos dos de Oleiros e con un encontro menos disputado.

O partido podíase resumir como escándalo arbitral, os colexiados non usaron o mesmo baremo para medir as accións dos locais e dos visitantes, favorecendo, en todo momento, ao equipo de Oleiros, sobre todo durante a segunda metade, cando o encontro se atopaba máis igualado. Para colmo, o Xiria quedouse con dous homes menos nos últimos cinco minutos, sendo un deles o gardameta Naya, que non tiña recambio no banco carballés. Pero o equipo foi capaz de repoññerse e loitar contra as adversidades acadando unha meritoria igualada e , incluso, dispuxo da última bola de partido para facerse coa vitoria.

Todo isto despois dunha primeira metade na que os rapaces de Juan M. Rodríguez entraron fríos ao partido, concedendo moitas vantaxes en defensa e en ataque, moitos erros na marcaxe, nas accións de 1 contra 1, perdas de balón, erros de lanzamento. Todo isto levou a ter que remontar continuamente os dous e tres goles de vantaxe dos que foi gozando o Oleiros durante a primeira metade. Salientar que nos derradeiros minutos deste primeiro acto foi perdoada a tarxeta vermella a un xogador do Oleiros porque o colexiado foi demasiado rápido en levantar os dous dedos no canto de reflexionar durante un par de segundos na acción comatida, trocando así o que era unha clarísima expulsión por unha sanción de dous minutos. Estes tres goles non se conseguirían remontar ata a segunda parte cun trepidante e intenso partido no que os colexiados tomaron protagonismo con decisións cando menos estrañas. Estrañas ao pitarse nunha área e na outra non. Pero, en fin hai que felicitar aos cadetes do Xiria polo gran esforzo que fixeron o longo do partido e polo espéctaculo que deron aos espectadores que asistiron a ver este partido entre o primeiro e o terceiro clasificado do campionato.