ATL. NOVÁS MECALIA 23 – VIPECÓN XIRIA 34

Atl. Novás Mecalia: 23 (8+15): David, Diego (4), Óscar, Xabier, Dani (6), Mario (7) -equipo inicial- Nathan (3), Pablo, Fabián, Sergio, José(3), Adrián.

Vipecón Xiria 34 (14+20): Bisbi, Martín (11), Jorge Bouzas (3), Sator (4), Javi (2), Tucu (5), Edu (3) -equipo inicial- Calvete (4), Ricardo (2), Rubén.

Colexiados:David Pérez e Sergio Estévez.

2ª xornada da Copa Federación na División de Honra Cadete. O Vipecón Xiria viaxaba mermado de efectivos á pista do Rosal debido as excursións de fin de curso, polo que non podía contar con ningún dos xogadores de segundo ano, salvo o meta Bisbi. O equipo de Carballo tiña un complicado traballo na difícil pista do Rosal despois de ter que partir moi cedo da capital bergantiñá. A pesar do intempestivo da saída cara a localidade rosaleira e á batalla plantexada polo equipo local, o Vipecón Xiria non defraudou e os xogadores máis novos deron a talla, solventando con comodidade o encontro.

Os carballeses saíron como unha apisonadora e así o demostraba o marcador nos primeiros compases con parciais de 0-4 e 1-5. A mobilidade e as respostas por parte de todos en tarefas de defensa e ataque así como os rápidos contaataques, era o máis destacado dun Xiria sobresainte. Aínda que os locais espertaron e aproveitaron algunhas imprecisións dos de Carballo para achegarse no marcador, non atemorizaron a istes en ningún momento, e ao borde do descanso os do Xiria volvían poñer terra de por medio para ir ao vestiario cunha máis que comoda vantaxe de seis tantos, 8-14.

Na segunda parte os bergantiñas alternaron momentos excelentes e de magnífico balonmán con certas imprecisións e despistes, pero en ningún caso lle perderon a cara ao encontro. A distancia seguíu aumentando a prol dos visitantes ata ese 23-34 final, que deixa ao Xiria como primeiro clasificado de grupo á espera de recibir ao Caixanova Octavio vigués na derradeira xornada desta fase, partido no que os dous equipos se xogarán o pase ás semifinais desta competición, aínda que se puidera dar o caso de pasar os dous posto que se clasifican o 1º de cada un dos 3 grupos e o mellor 2º.