ATL. NOVÁS MECALIA 27 – VIPECÓN XIRIA 34

Atl. Novás Mecalia 27 (15+12): David, Jorge (7), Diego (4), Óscar (6), Xabier (4), Dani (3), Fabián (2) -equipo inicial- Nathan, Pablo (1), Sergio, José, Darío, Adrián.

Vipecón Xiria 34 (16+18): Bisbi, Martín (2), Miguel (3), Jorge Bouzas (6), Rubén (1), Javi (1), Álex (3) –equipo inicial- Edu (5), Iván, Heitor, David (6), Jorge Viñas (7).

Colexiados: David Pérez e Sergio Estevez.

O Vipecón Xiria conseguía dous puntos importantísimos na División de Honra Cadete ao derrotar ao Novás a domicilio, dous puntos que siguen mantendo aos carballeses na loita polos dous primeros postos que dan acceso a xogar o Campionato de España. O equipo de Carballo tiña un complicado traballo na sempre difícil pista do Rosal, ademais o horario do partido facía que os rapaces de Fernando Vázquez partisen ás 06.30 h cara O Rosal.

O equipo rosaleiro, a pesar de contar con só 8 puntos no seu casilleiro, está a poñer en dificultades aos equipos fortes da categoría cando exerce como locatario. Pero o Vipecón Xiria non defraudou e solventou o choque con certa comodidade, debido, sobre todo, a unha clara superioridade mostrada na segunda metade.

No primeiro acto, as defensas non existiron por parte de ningún dos dous equipos, polo que o partido era de ida e volta e moi vistoso cara o espectador. Os visitantes colleron a vantaxe dende o inicio e mantivérona durante todo o encontro, pero neste primeiro tempo as curtas distancias facían que os de Carballo non puideran gozar de certa tranquilidade e o 15-16 do descanso deixaba todo por decidir cara a reanudación.

Na segunda metade os bergantiñáns xogaron mellor, con moita máis seriedade e aínda que o balonmán non foi o de outras ocasións, bastou para impoñerse a un rival que, mediada a segunda parte, se daba un tanto por vencido ante un marcador que pouco a pouco se ampliaba a favor dos visitantes. Ao final, un cómodo 27-34 que segue mantendo os de Vipecón na segunda posición da táboa clasificatoria.

Na próxima xornada o Vipecon Xiria recibe na pista carballesa do Pavillón Bergantiños, domingo ás 12.15 h, ao Balonmán Pabellón de Ourense, un dos equipos da zona baixa da clasificación.