ATL. NOVÁS MECALIA 33 – IFECGÁS PEREIRA XIRIA 21

Atl. Novás Mecalia 33 (18+15): Sergio, Jorge (2), Marcos (3), Mario (4), Miguel (7), Carlos (10), Gabriel (2) -equipo inicial- Diego, Fabián (2), Juan, Dorado, Sousa, Estevez (3), Iván.

Ifecgás Pereira Xiria 21 (11+10): Naya, Brais (5), Jorge Viñas (2), Iago (2), Antón (6), Dani (3), Miguel (3) –equipo inicial- David Álvarez, Martín, Adrián, Iván Lorenzo, David García, Bisbi.

Colexiados: Sergio Rodríguez e David Pérez.

Mal partido do Ifecgás Pereira Xiria que voltou a mostrar unha faciana indolente e pouco competitiva, moi lonxe dos últimos encontros xogados polos carballeses na sáa casa.

O partido comezou con un equipo local entregado pola causa e arrollador e un conxunto visitante que non entraba no encontro e que se limitaba a observar como os do Rosal batían unha e outra vez a portería carballesa. O Ifecgás Pereira non se amosaba competitivo, estaba falto de ritmo en ataque, con xogadores moi estáticos e sen mobilidade nin contactos en defensa, polo que os locais xogaban a pracer. Deste modo a diferenza no marcador ao descanso, 18-11, era moi dolorosa e poñía as cousas moi complicadas cara a reanudación.

Parecía, que no inicio da segunda metade, os de Carballo entraban no encontro máis combativos e centrados no xogo, aínda que non facían un bo balonmán eran capaces de recortar as distancias e colocarse a catro goles no marcador. Cando as esperanzas voltaban ao lado carballés, o Novás apretaba de novo o acelerador e aumentaba a distancia fronte a un equipo que baixaba os brazos e amosaba de novo a súa cara máis indolente e pouco competitiva, para caer de xeito abultado por 33-21. Dolorosa derrota, xa non pola distancia no electrónico, senón pola forma en que se producíu.

É unha derrota da que hai que recuperarse xa mesmo posto que a vindeira fin de semana o Ifecgás Pereira Xiria disputa un partido crucial fronte ao Balonmán Pabellón Ourense. O equipo ourensán marca en estes intres o límite do descenso a 6 puntos dos equipo carballés, a quen xa foi capaz de vencer no encontro da primeira volta. Unha nova derrota podería poñer de novo en serios apretos aos do Xiria cara os postos perigosos da clasificación. Este partido dupatarase o domingo, ás 10.30 h no Pavillón Bergantiños de Carballo.