ATL. NOVÁS MECALIA 39- IFECGÁS PEREIRA XIRIA 26

Atl. Novás Mecalia: 39 (19+20): Sergio, Marcos (2), Mario (4), Miguel (7), Carlos (7), Gabriel (4), Dorado (9) -equipo inicial- Fabián, Juan, Sousa, Estévez (3), Iván (3), Dani, Fernández.

Ifecgás Pereira Xiria: 26 (12+14): Bisbi, Brais (4), Adrián (1), Iago (6), Antón (3), Dani (9), Martín (2) –equipo inicial- Cristian, Naya.

Colexiados:Andrés Rosendo e Pedro Eiras.

Disputaba, no municipal do Rosal, o Ifecgás Pereira Xiria o encontro da 2ª xornada da Copa Federacion da categoría de División de Honra Xuvanil. Mal partido do Ifecgás Pereira Xiria que volveu mostrar unha faciana indolente e pouco competitiva, moi lonxe do que se espera de este equipo. Tamén é certo que os de Carballo viaxaban con moitas baixas debido ás excursións de fin de curso, de aí que o equipo carballés tan só contara con nove efectivos para este choque.

O partido comezou cun equipo local arrollador e entregado pola causa, mentres que o conxunto visitante non entraba no encontro e limitábase a observar como os do Rosal batían unha e outra vez a meta carballesa. O Ifecgás Pereira non se amosaba competitivo, moi falto de ritmo en ataque e con xogadores moi estáticos e sin mobilidade nin contactos na defensa. Esto provocaba que os do Rosal xogasen a pracer. De este modo a diferencia no marcador ao descanso, 19-12, era moi dolorosa e poñía as cousas moi complicadas cara a reanudación.

Parecía, que no inicio da segunda metade, os bergantiñáns entraban no encontro de xeito máis combativo e centrado no xogo e, aínda que non facían un bo balonmán, eran capaces de recurtar as distancias. Pero cando as esperanzas voltaban ao lado carballés, o Novás apretaba de novo o acelerador e aumentaba as diferenzas fronte a un equipo visitante que baixaba os brazos e mostraba de novo a cara máis indolente e pouco competitiva no día de hoxe para rematar caendo de forma avultada e dolorosa, 39-26, xa non pola distancia no electrónico se non pola forma en que se producíu.

O próximo encontro dos de carballo será dentro de dúas fins de semana. O rival dos Ifecgás Pereira Xiria será o Caixanova Octavio, o campión da liga.