Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

BAIXA NO CALVO XIRIA

O lateral do Calvo Xiria Ángel Varela será baixa para o que resta de campaña. O xogador carballés non continuará na disciplina verdibranca por mor dos seus estudos, que lle…

O lateral do Calvo Xiria Ángel Varela será baixa para o que resta de campaña.

O xogador carballés non continuará na disciplina verdibranca por mor dos seus estudos, que lle impedirán compaxinar a súa formación académica coa práctica do balonmán. Xa no encontro da pasada fin de semana fronte ao Lavadores non entrou na convocaroria ao non poder asistir a ningunha das sesións de adestramento que os de Marcos Rodríguez realizaron durante a semana pasada.

Ángel manifestabase moi apesadumbrado dende as bancadas do Pavillón da Zona Escolar durante a vitoria do Calvo Xiria sobre o Lavadores por ter que deixar o equipo, aínda así non parou de darlle azos aos seus xa ex-compañeiros durante a disputa do dito encontro.

Esta baixa daralle a oportunidade de entrar nas convocatorias do Calvo Xiria con máis frecuencia aos xogadores do equipo filial Ifecgás Pereira Xiria.