Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Iniciacion

ACTIVIDADES PARA OS MÁIS CATIVOS

O vindeiro sábado, a partir das 16.00 h, haberá unha xornada de convivencia e multideportiva, combinando varios deportes, xogos e actividades, destinada aos rapaces e rapazas de 1º, 2º, 3º…

O vindeiro sábado, a partir das 16.00 h, haberá unha xornada de convivencia e multideportiva, combinando varios deportes, xogos e actividades, destinada aos rapaces e rapazas de 1º, 2º, 3º e 4º de primaria. Esta actividade desenvolverase os sábados nas instalacións do Colexio Fogar con unha periodicidade quincenal.

Ademáis este sábado ás 19.00 h, tras finalizar esta actividade, os rapaces e rapazas asistirán ao encontro de 2ª Autonómica que disputarán o Ifecgás Pereira Xiria e o Balonmán Viveiro que se disputará no Pavillón da Zona Escolar de Carballo.

XORNADAS DE BALONMÁN

Os técnicos das Escolas de Balonmán Xiria están a realizar unhas xornadas sobre o balonmán no IES Monte Neme de Carballo que se desenvolverán diariamente durante as próximas dúas semanas en horario de mañá, para máis adiante pasar a realizar no mesmo centro actividades semanais relacionadas co balonmán durante todo o curso lectivo.

Máis sobre isto