Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

CALFONCAL LAVADORES 37 – VIPECÓN XIRIA 47

CalfoncalLavadores 37(19+18): Ezequiel, Nico (7), Adrián (6), Óscar (9), Brais (4), Dani (5), Yago (1) -equipo inicial- A. Fdez (1), Pablo (1), Gonzalo, Lucas (1), Fran (2), Borja. Vipecón Xiria…

CalfoncalLavadores 37(19+18): Ezequiel, Nico (7), Adrián (6), Óscar (9), Brais (4), Dani (5), Yago (1) -equipo inicial- A. Fdez (1), Pablo (1), Gonzalo, Lucas (1), Fran (2), Borja.

Vipecón Xiria 47 (24+23): Iván, David (15), Miguel (13), Jorge Bouzas (2), Rubén (7), Jorge Viñas (4), Álex -equipo inicial- Edu (6), Bisbi, Heitor, Martín Alfeirán, Javi.

Colexiados: Carla Díz e Ana Correa.

O Vipecón Xiria conseguía, na décima xornada de liga na División de Honra Cadete, dous puntos importantísimos que lle permiten seguir na loita polas primeiras posicións e continuar no segundo posto da clasificación, posición que da acceso a xogar o campionato estatal.

O equipo de Carballo tiña un complicado traballo despois das sufrir dúas derrotas de xeito consecutivo. O equipo carballés solventou con moita solvencia este encontro grazas ao seu bo xogo, á súa concentración, competitividade, intensidade e entrega. Estes factores foron os que levaron aos carballeses a posicionarse nos primeiros postos da taboa clasificatoria, os mesmos polos que se impuxo de forma estelar ao Calfoncal Lavadores. O inicio do Vipecón Xiria foi espectacular, os seus ataques e contraataques en segunda oleada falaban dun equipo maduro, organizado e vistoso, en ocasións impropio da idade dos rapaces. As defensas non existiron por parte de ningún dos dous equipos, polo que o partido era de ida e volta, moi vistoso cara ao espectador. Os visitantes colleron a dianteira dende o inicio e mantiverona durante todo o encontro, ampliando pouco a pouco o tanteo e pasando por encima do equipo vigués. O público alí presente estaba sendo participe dun excelente espectáculo,que prometía moito máis cara á segunda parte, a pesar de que o marcador xa reflectía un 19-24 a prol do Vipecón.

Na segunda metade, os do Xiria xogaron a mellor media hora do campionato, mostraron un xogo excelente, aumentaron o nivel defensivo e souberon levar o tempo do partido de forma maxistral. Sen máis historia a distancia no electrónico seguíu aumentando ata o 37-47 final.

A vindeira fin de semana o Vipecón revibe, domingo ás 10.30 no Pavillón Bergantiños, a visita do Bm Lalín. Outro partido esencial fronte a un bo equipo e que debe gañar o Vipecón se quere continuar na loita polas primeiras posicións.