BALONMÁN ÁRTABRO 16 – IFECGÁS PEREIRA XIRIA 36
Balonmán Ártabro 16 (9+7): José (1), Daniel, Hector (2), Luís (3), Jean Baptiste (3), David (3), Alvaro (3) -equipo inicial- Bruno, Vallejo (1), Alberto, Javier, Jesús. Ifecgás Pereira Xiria 36…
Balonmán Ártabro 16 (9+7): José (1), Daniel, Hector (2), Luís (3), Jean Baptiste (3), David (3), Alvaro (3) -equipo inicial- Bruno, Vallejo (1), Alberto, Javier, Jesús.
Ifecgás Pereira Xiria 36 (21+15): Naya, Antón (3), Zas (7), Néstor (5), Pombo (2), Óscar (5), Dani (6) -equipo inicial- Iago (1), Iván, David (2), Brais (2).
Colexiados: Abel Chapero e Iván Meijide.Estiveron moi desacertados nun partido sinxelo e permitiron varias agresións dun dos xogadores coruñeses cara os do Ifecgás Pereira Xiria. Non influíu no resultado final dada a superioridade dos de Carballo.
Parciais: 2-2, 3-5, 4-9, 5-13, 7-17, 9-21, descanso, 10-23, 11-24, 14-28, 15-29, 15-33, 16-36.
Comezaba a segunda volta da competición na División de Honra Xuvenil coa primeira vitoria do Ifecgás Pereira Xiria a domicilio. O equipo carballés impúñase na pista coruñesa do San Francisco Xabier por 16-36.
O equipo carballés impúxose de maneira contundente e incontestable fronte a un feble rival que se amosou moi inferior. Así, foron os carballeses os que levaron a dianteira no electrónico dende os primeiros compases, amosanado a súa superioridade en todas as fases do xogo. En definitiva un partido sen historia e que xa no intermedio o marcador sinalaba un claro 9-21 a prol dos visitantes.
Na segunda metade o único aliciente era saber canta ía a ser a renda final que obterían os de Carballo. Os bergantiñás seguiron crecendo na súa intensidade e os locais dábanse xa por vencidos e baixaban os brazos, o que propiciaba que as diferenza continuasen aumentando ata ese contundente resultado final de 16-36 que deixaba claro a manifesta superioridade dos de Fernando Vázquez.
A vindeira fin de semana o Ifecgás Pereira Xiria recibe a visita do Bm Pabellón, outro dos equipos que loitan por sair dos postos perígosos da clasificación. Os ourensáns marchan na sétima posición con dous puntos máis que o Ifecgás que é oitavo.