CAIXANOVA OAR 42 – VIPECÓN XIRIA 23
Caixanova OAR 42 (22+20): Ignacio, Gonzalo (4), César (10), Juan (6), Manuel (9), Kevin (4), Marcos (3) -equipo inicial- Ismael (1), Rubén (3), Jesús, Angel, Alberto, Julio (2), Miguel. Vipecón…
Caixanova OAR 42 (22+20): Ignacio, Gonzalo (4), César (10), Juan (6), Manuel (9), Kevin (4), Marcos (3) -equipo inicial- Ismael (1), Rubén (3), Jesús, Angel, Alberto, Julio (2), Miguel.
Vipecón Xiria 23 (12+11): Bisbi, David (9), Miguel (2), Brais (3), Iago (5), Antón (3), Jorge (1) -equipo inicial- Damián, Martín, Ricardo, Iván Eiroa, Chouciño, Iván Lorenzo, Heitor.
Colexiados: Abel Chapero e Iván Meijide. Tiveron unha actuación moi desafortunada pero sen influencia no resultado final dada a superioridade dos locais no día de hoxe.
Parciais: 5-2, 9-4, 12-8, 15-10, 18-12, 22-12, descanso, 25-14, 28-15, 32-16, 36-18, 39-20, 42-23.
O Vipecón Xiria disputaba, no comezo desta segunda volta da competición na División de Honra Cadete, quizais un dos partidos máis complicados cos que se pode atopar nesta liga. O Vipecón rendía visita á pista do Caixanova OAR, un dos favoritos ao título xunto co Octavio, Teucro e Seis do Nadal.
O partido comezou cun equipo carballés descoñecido xa que non amosaban a rapidez no contraataque e no seu xogo como nos teñen acostumados, senón todo o contrario os carballeses actuaban como un equipo lento e previsible que daba moitas facilidades a un equipo local que, xa de por si, se mostraba superior. Notábase que o equipo de Carballo non se atopaba nada comodo na pista coruñesa do San Francisco Xabier e víase moi lonxe de aquel equipo que hai un par de meses meses derrotara en duas ocasións aos da Coruña, na fase previa, e que perdera no primeiro partido de liga por un axustado marcador. A maior antropometría dos locais facía que no un contra un os xogadores do Vipecón non foran quen de frear as acometidas rivais e os extremos do OAR estaban incontestables na finalización. O marcador, que reflectía no descanso un 22-12 para os coruñeses, deixaba claro que os visitantes estaban descoñecidos no seu xogo.
A segunda parte transcurreu polos mesmos derroteiros e o entrenador visitante daba entrada a todos os seus xogadores. O resultado final, aínda que moi avultado, non empaña para nada o bo papel que está a facer o Vipecón Xiria nesta liga nin o traballo serio e responsable dos seus xogadores nos entrenamentos.
Na vindeira xornada o Vipecón Xiria recibirá a visita doutro duro rival como é o Marnova Seis do Nadal Coia, outro dos equipos que está a loitar polo título xunto con OAR, Octavio e Teucro.