BALONMÁN ÁRTABRO 29 – GARAYSA XIRIA 40

XORNADA 22

23/03/2013

Bm. Ártabro: 29 (13+16): Óscar (4), Luis, Pablo, Domingo, Eloi (2), Daniel, Miguel (6), Anxo, Isak (9), Javier, Omar, Yago (2), Armando e Jorge (6).

Garaysa Xiria: 40 (22+18): Carlos (11), Vila (6), Ronaldo, Roi (3), Antonio (p), Antón (3), Souto (p), Brais, Pombo (2), Xurxo (7), Andy (5), Fran (1) e Daniel (2).

Colexiados: Sergio Vázquez e Óscar Iglesias.

O Garaysa Xiria viaxaba ata Oleiros para enfrontarse ao Bm. Ártabro antepenúltimo clasificado na táboa con 5 vitorias no seu taboleiro. Logo da derrota pola mínima contra o OAR na pasada xornada os carballeses afrontaban o encontro con moitas ganas de recuperar a senda da vitoria ante un rival ao que xa venceran con comodidade en Carballo no encontro de ida.

Os primeiros minutos de partido foron un intercambio de goles en ámbas as dúas porterías, o Garaysa acadaba boas situacións de lanzamento con relativa facilidade, pero en defensa non era quen de frear o ataque do Ártabro, que baseando o seu xogo ofensivo no lado esquerdo provocaban continuos erros nas axudas que eran ben aproveitados polo seu extremo.

Co paso dos minutos o Garaysa foise asentando en defensa, o equipo aumentou a intensidade e a concentración e pronto comezaron a provocar faios no ataque dos locais. O equipo comezou a correr ao contragolpe e a desenvolver o xogo rápido que máis lles favorece, a partires de ese momento os carballeses comezaron a ampliar a súa renda de goles chegando ao descanso cun marcador moi favorable de 13-22.

No segundo tempo a defensa perdeu esa fortaleza que lles levara a tomar vantaxes tan amplas na primeira metade e o Garaysa dedicouse a facer valer a renda de 9 goles que acadara ao descanso. Tras unha segunda parte bastante imprecisa en aspectos defensivos o Xiria rematou o encontro con 11 goles de vantaxe, pero conscientes de que este nivel en defensa non será suficiente para frear o potencial ofensivo do seguinte rival, o Bm. Cangas, que recibiremos en Carballo tras o parón ligueiro desta fin de semana.