R.G.C. COVADONGA 36 – CALVO XIRIA 27

LIGA DE 1ª DIVISIÓN ESTATAL – XORNADA 22
23/03/2013 R.G.C. COVADONGA 36 – CALVO XIRIA 27

R.G.C. Covadonga 36 (20+16): Daniel [p], Víctor (11), Alexis (7), Camilo (2), Vallejo (1), Rodríguez (5), Vizcaino (2) -equipo inicial- Sánchez [p], Luis (2), Magdaleno (1), Juan (1), Murias, Jesús (4).
Calvo Xiria 27 (14+13): Kike [p], Ramón (2), Jesús (1), Chimpo (8), Brais, Manuel (3), Sergio (1) -equipo inicial- Iago [p], Pablo (12), Dubra, Mario, Calvete.
Colexiados: Pablo Castellanos García e Luis Vázquez de Prada Bravo da federación de Castela e León. Excluíron aos locais Rodríguez (29´), Camilo (42´) Luis (53´) e Jesús (54´), tamén aos xogadores visitantes Manuel (25´), Brais (46´) e Ramón (55´).
Marcador: 5-2, 8-4, 11-9, 13-10, 16-13, 20-14 (descanso); 21-17, 24-20, 26-22, 31-24, 33-26, 36-27 (final).
7 metros: R. G. C. Covandonga: 1/2 ### Calvo Xiria: 3/3
Pouco público no Pavillón do R. G. C. Covadonga cuns 50 seareiros.

Partido moi difícil para o Calvo Xiria, que á calidade do seu rival tiña que engadir as baixas cas que se desprazaba a Xixón -un verdadeiro lastre esta tempada para os carballeses que non puideron contar coa plantilla ao completo en ningún partido este curso- e o feito de que os locais tentan esgotar as súas opcións de entrar no grupo de equipos con opcións de xogar a fase de ascenso.

O inicio do partido marcou o desenvolvemento do mesmo. De saída os xogadores verdibrancos non estiveron demasiado atinados nin en ataque nin moito menos en defensa. Aos sete minutos o marcador sinalaba un preocupante 7- 2. A partir dese intre o Xiria tentou meterse no partido, e estivo a piques de logralo con varios balóns para situarse a un so gol dos locais, pero non foi quen de rematar a súa remontada e os xixoneses rompérono de xeito definitivo xusto antes do descanso.

Unha mágoa que todo o traballo feito polo Calvo Xiria neste encontro non dera outros froitos, pero a falla de recambios en certos postos pasou factura en forma de desgaste físico, e con este chegaron os erros e as precipitacións que axudaron, e moito, a sentenciar o encontro.

Agora ven un novo parón no que agardamos que se poida recuperar algúns dos xogadores carballeses lesionados para así afrontar con mellores armas os catro últimos partidos de liga.