BALONMÁN CANGAS 18 – IFECGÁS PEREIRA XIRIA 33

Balonmán Cangas: 18 (8+10): Alberto, Abel (3), Óscar (5), Otero (4), Rubén (2), Álex (2), Alexandre (1) -equipo inicial- Cristian, Fer, César, André, Aitor (1), José, Miguel.

Ifecgás Pereira Xiria: 33 (20+13): Igor, Viñas, Iago (3), David (7), Miguel (8), Alvarito (4), Ricardo -equipo inicial- Joaquín (3), Dani López, Mourín, Jorge Bouzas (3), Luís, Dani Amado, Martín Alfeirán (5)

Colexiados: Aarón Sestay e Victor Rivera.

O Ifecgás Pereira Xiria fixo un excelente partido no pavillón cangués do Gatañal de Cangas ante o Balonmán Cangas na 13º xornada de liga. Sesenta minutos de máxima concentración, alta intensidade e un sobresaínte nivel competitivo en todos os seus homes fixeron posible unha victoria ampla e contundente baseada nun balonmán rápido, vistoso e con mostras de moita calidade.

Dende o primeiro momento o Ifecgás Pereira comandou o marcador, baseandose nun alto nivel defensivo e unha contundencia notable nas accións da retagarda. Os contaataques, que viñan a posteriori propiciados por esas accións defensivas, facían o resto. Os de Carballo poñían xa terra de por medio co equipo local cando apenas se levaban disputados quince minutos. A partir de aí o Xiria dispuxo sempre dunha cómoda vantaxe que non facía perigar os seus intereses e, así, conseguía marchar ao vestiario comandando o marcador por un contundente 8-20 no intermedio.

O equipo carballés aproveitou a segunda metade para facer cambios, demostrando un ritmo de partido moi regular ao longo de todos os minutos, sen baixar a garda en ningún momento. Todos os efectivos do equipo, incluidos os dous xogadores cadetes convocados, dispuxeron de minutos e renderon a gran nivel, amosando que o traballo en equipo da os seus froitos.

Estos dous puntos alonxan case que definitivamente aos do Xiria dos postos perigosos da táboa clasificatoria e coloca aos carballeses nun cómodo sétimo posto, a tan só catro puntos do quinto clasificado, posición que ocupa precisamente o Atl. Novas que será o próximo rival dos carballeses.

O Ifecgás Pereira recibirá aos do Rosal o vindeiro domingo ás 12.15 h no Pavillón Carballo Calero da capital bergantiñá.