Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

BM. PABELLÓN OURENSE 18 – VIPECÓN XIRIA 32

Bm. Pabellón Ourense: 18 (8+10): Ricardo, Fernando, Andrés (1), Juan (5), Mateo (2), Rubén (6), Roberto (2) -equipo inicial- Brais (1), Jaime, Aarón, R. González, Eric (1). Vipecón Xiria: 32…

Bm. Pabellón Ourense: 18 (8+10): Ricardo, Fernando, Andrés (1), Juan (5), Mateo (2), Rubén (6), Roberto (2) -equipo inicial- Brais (1), Jaime, Aarón, R. González, Eric (1).

Vipecón Xiria: 32 (17+15): Zúpez, Edu (3), Martín (4), Javi (8), Jorge (3), Calvete (4), Rubén Gómez (2) -equipo inicial-Álex (1), Óscar, Marc, Jose (1), Alberto (1), Julián (5), Miguel.

Colexiado: Elisa Álvarez e Alfonso Canitrot

O Vipecón Xiria conseguiu unha nova e contundente vitoria que o manten inmerso na loita polo título da categoría. Os de Carballo impoñíanse ao Balonmán Pabellón Ourense a domicilio por 18-32.

A primeira metade xa foi claramente de dominio visitante dende o inicio. O bo facer dos de Carballo permitíu coller rendas insalvables para os ourensás. A defensa do Vipecón impúxose, e de que maneira, á unha primeira liña local que facía ataques longos ao borde do pasivo, sen ideas para bater a portería visitante, ben gardada polo meta Zúpez. Os bergantiñáns mataban o partido ao contaataque e desplegaban sobre a pista dos Remedios un balonmán rápido, dinámico e atractivo, non dando aos seus contincantes. O 8-17 que sinalaba o electrónico ao descanso deixaba o partido visto para sentenza.

A segunda parte non tivo historia xa que o Vipecón saíu con intensidade e concentración para non dar opción a ningunha sorpresa. Xogaron os rapaces menos habituais que cumpliron de forma notable, deixando constancia do enorme plantel que ten este equipo e que son capaces de aspirar a todo e de bater a calquera. O marcador final reflectía un 18-32 que mostra de forma sobrada a enorme diferenza entre estes dous conxuntos na actualidade.

O vindeiro domingo o Vipecón recibe, no Pavillón Carballo Calero ás 10.30 h, ao Clube Balonmán Tui.