CALVO XIRIA 30 – CAFES TOSCAF 29
XORNADA 26 04/04/2009 CALVO XIRIA 30 – CAFES TOSCAF 29 Calvo Xiria 30 (17+13): Quique, Cuco (7), Ángel (1), Iván (1), Alex (1), David (3), Dubra (2) -equipo inicial- Iago,…
XORNADA 26
04/04/2009 CALVO XIRIA 30 – CAFES TOSCAF 29
Calvo Xiria 30 (17+13): Quique, Cuco (7), Ángel (1), Iván (1), Alex (1), David (3), Dubra (2) -equipo inicial- Iago, Pablo (6), Manuel, Chimpo (6), Gonzalo, Jesús e Borja (3).
Cafés Toscaf 29 (13+16): Carlos, José (5), Veleda (3), Rivas (2), David (2), Alejandro (2), Iván (1) -equipo inicial- Fernando (9), Jorge, Pablo, Adrián, Alvarez (3), Alberto e López (2).
Colexiados: Srs. Portela e González.
Parciais: 4-2, 7-6, 9-7, 14-8, 15-9, 17-13, 19-15, 23-18, 25-20, 27-23, 27-24, 30-29.
Derradeira xornada da liga de 1ª Estatal Masculina á que chegaba xa coa permanencia asegurada o Calvo Xiria pero que lle podía dar a opción de subir un posto na clasificación, sempre e cando puntuase neste encontro e pola contra o Grupo perdese na súa visita a Chapela. Finalmente os carballeses gañaron e os asturianos caeron derrotados polo que o Calvo remata na 12ª posición na súa volta a esta categoría.
Comezou máis metido no encontro o conxunto local que mandou sempre no marcador grazas a unha boa defensa e aportación de Quique na portería. Os contraataques eran cómodos para o Calvo que foi facendo crecer a súa vantaxe no marcador e só nas situación de superioridade numérica podía o Toscaf achegarse. Chegouse ao descanso cun parcial de 17-13 despois de trinta minutos de claro dominio local.
O segundo tempo foi un intercambio de goles entre dous equipos que se esqueceron da intensidade nas tarefas defensivas e só a actuación dos porteiros Iago e Carlos impediron un marcador moito máis elevado, nin o Xiria podía romper definitivamente o partido, nin os xogadores do Toscaf se achegaban de xeito definitivo. Mais a raíz dunha defensa individual sobre Pablo o ataque carballés atascouse o que, unido a erros de lanzamento nos derradeiros momentos, propiciou que o conxunto visitante tivese opcións de empatar o partido, pero o lanzamento final parouno Iago permitindo ao Calvo Xiria pechar a tempada como se iniciou, cunha vitoria no pavillón da Zona Escolar ante a súa afección.