CAFES TOSCAF 32 – CALVO XIRIA 25
XORNADA 13 20/12/2008 CAFES TOSCAF 32 – CALVO XIRIA 25 Cafés Toscaf 32 (15 + 17): Carlos, Daniel (1), Jorge (3), Ignácio (1), David (6), Alejandro (4), Adrián (1) –…
XORNADA 13
20/12/2008 CAFES TOSCAF 32 – CALVO XIRIA 25
Cafés Toscaf 32 (15 + 17): Carlos, Daniel (1), Jorge (3), Ignácio (1), David (6), Alejandro (4), Adrián (1) – equipo inicial – Juan, Pablo, Alvarez (9), Alberto, López (1), José (6).
Calvo Xiria 25 (12+13): Quique, Cuco (4), Borja (1), Jesús (1), Pombo (3), David (5) e Dubra (3) -equipo inicial- Iago, Álex, Chimpo (8), Ángel, Ramón e Manuel.
Colexiados: Srs. Marín e Sanz, desconcertaron aos dous equipos por igual en certas fases do partido.
Parciais: 2-1, 5-1, 9-3, 12-8, 14-11, 15-12, 17-14, 20-17, 23-18, 25-21, 29-23, 32-25.
Rematou a primeira volta da liga na 1ª Estatal o Calvo Xiria colleitando unha derrota ante o Cafés Toscaf de Avilés, quizais o equipo que mellor balonmán atesourou ata o de agora entre os rivais do conxunto carballés. O resultado final 32 -25 quizais non faga xustiza ao visto no Polideportivo da Magdalena.
Non comezou con mal xogo o Calvo Xiria que encaixaba de inicio un parcial de 7 – 1 froito de erros na finalización e de axudas defensivas demasiado precipitadas. Pero dende o minuto doce cambiou o panorama na pista da Magdalena e pouco a pouco foi recortando diferenzas no marcador grazas aos axustes defensivos e ás accións en ataque por parte de Pombo e Chimpo que conseguían ocasións de gol con facilidade. A actitude e gañas postas no encontro por parte dos xogadores do Calvo Xiria recórdanos ao inicio de liga no que tan bos resultados obtivo o conxunto carballés.
Despois de descanso os dous equipos puxeron en xogo as súas mellores armas e puidose seguir un partido igualado e con emoción ata que a falta de dez minutos unha serie de erros en ataque, en situación de inferioridade numérica, fixo que o Cafés Toscaf collera unha vantaxe no marcador que non fai xustiza aos méritos dos dous equipos ao longo dos sesenta minutos.