BALONMÁN CANGAS 33 – GARAYSA XIRIA 30

XORNADA 10

02/12/2012

Bm. Cangas (17+16): Gestido, Lemos, Alonso (8), Refojos (7), Veloso, Fonseca, Carballo, Figueroa (6), Villar (1), Pousa (10), Malvide (1).

Garaysa Xiria: 48 (12+18): Arnejo (1), Fran (2), Vila (4), Tito (6), Tasende (4), Carlos (8), Xurxo (2), Juanca (11), Antonio, Daniel (4), Brais (3), Ronaldo, Antón (3), Souto.

Colexiados: Darío Gallego y Julio Villanueva.

O Garaysa visitaba a cancha do segundo clasificado, o Bm. Cangas, nun encontro que se prevía moi complicado pero no que o equipo plantou cara, cun gran xogo que puxo contra as cordas a un rival moi superior fisicamente e que temeu pola vitoria ata os últimos minutos.

O encontro comezaba moi costa arriba para o Xiria, a facilidade do Cangas para anotar nos primeiros compases do partido permitiulle tomar pronto unha importante vantaxe no marcador; pero o Garaysa non perdeu o norte e non tardou en recurtar goles a base de bo traballo defensivo e mantendo a idea de xogo colectivo con boas continuidades en ataque.

A efectividade nos lanzamentos foi moi alta durante todo o encontro, grazas a unha boa selección nas ocasións de tiro. Sen embargo en defensa era onde máis sufría o equipo para frear os corpulentos atacantes locais, máis que nada ao seu pivote e a un lateral, que sumaron 18 goles entre os dous.

O partido discorreu moi igualado durante toda a segunda metade e a medida que se achegaba o asubío final a tensión en ambas bandos ía crecendo. O Garaysa tivo a vitoria nas súas mans con varios roubos de balón nos últimos minutos do encontro que non foron ben aproveitados. O Cangas non erraba en ataque e con moitos máis apuros do que agardaban fixéronse cunha vitoria que os mantén na segunda praza.

O Xiria non puido traer ningún punto do Gatañal, pero aínda así volveu para Carballo con moi boas sensacións tras plantarlle cara e por en serios apuros a un dos equipos que loitará, sen dúbida, pola primeira praza na táboa. Seguindo esta liña de xogo de seguro que ao Garaysa agárdalle unha segunda volta máis doce e prolífica.