BALONMÁN CANGAS “A” 18 – GARAYSA XIRIA 30
Balonmán Cangas “A”: 18 (9+9): Brais, Andrés, Fran (1), Adrián (5), Samuel, Víctor (1), Pablo (5), Víctor B. (1), Óscar, Daniel (1), Dario, Xoan, Alberto (4), Saúl. Garaysa Xiria: 30…
Balonmán Cangas “A”: 18 (9+9): Brais, Andrés, Fran (1), Adrián (5), Samuel, Víctor (1), Pablo (5), Víctor B. (1), Óscar, Daniel (1), Dario, Xoan, Alberto (4), Saúl.
Garaysa Xiria: 30 (13+17): Jorge, Buño, Daniel García (2), Gabriel (1), Iván Campos (8), Raúl (5), Diego (7), Lolo (2), Alejandro, Iván Calvo, Enrique (5).
Colexiado: Sergio Vázquez e Farruco Soliño.
O Garaysa Xiria viaxaba ata O Morrazo para afrontar o seu primeiro duelo desta fin de semana, facíao coma visitante enfrontándose ao Bm Cangas que chegaba cunha lixeira vantaxe sobre o Xiria que o colocaba un posto por encima na táboa clasificatoria.
O encontro comezou cun Xiria moi concentrado no seu traballo defensivo, e aínda que en aspectos ofensivos os de Carballo cometían demasiados erros, sobre todo de lanzamento, non tardaron en tomar vantaxe no marcador. O ataque do Cangas atascábase e só atopaban solucións nas accións de 1×1 dos primeiras liñas e nos 2×2 distes co seu pivote. O Garaysa non tomaba maior vantaxe debido aos erros de lanzamento pero en defensa posicional era un auténtico muro e os locais non acadaron a decena de goles nos primeiros 25 minutos, 9-13 ó descanso que amosaba fielmente como fora o encontro ata ese intre.
O Xiria saíu tras a reanudación cunha premisa clara, desbaratar os puntos fortes do rival no xogo co seu pivote; e así o fixo: no segundo tempo vimos a un Cangas con moitas máis dificultades en ataque e a un Xiria que a través de roubos de balón e contras rápidas foi poñendo terra de por medio no electrónico.
Xa co partido máis resolto a defensa relaxouse e o Cangas puido conseguir o mesmo número de goles que na primera parte. Ó final 18-30 a favor do Garaysa Xiria, unha diferenza que puido ser maior de estar máis acertados cara á portería rival.
Traballada e merecida vitoria do equipo carballés que se vai consolidando no posto que merece atendendo á súa categoría e ao xogo desenvolvido. Agora todos agardamos seguir vendo a un Xiria en continua mellora coma o que estamos a ver.