BALONMÁN CANGAS «A» 41 – GARAYSA XIRIA: 32

Balonmán Cangas: 41 (23+18): Javier (5), Erik (8), Abel, Eloy (7), Cristian, David, Fran (3), Adrián, Daniel (3), Óscar (6), Bruno (5), Saul, Marcos (4).(

Garaysa Xiria: 32 (14+18): Manuel, Pablo (4), Arnejo (3), Gabriel (8), Xurxo (1), Alex (2), Eiroa (2), Borja R. (1), Pereira (6), Juanca (5), Souto.

Partido moi duro o que lle agardaba aos rapaces do Xiria, fronte ao sempre aguerrido Bm. Cangas, con xente moi forte e corpulenta nas súas filas.

O encontro comezou moi costa arriba para os de Carballo, que sufrían moito en defensa para frear os 1×1 dos xogadores do Cangas. Aínda que en ataque o equipo mantiña o tipo, as diferenzas de peso e forza en defensa desequilibraron a balanza. Cun resultado de 23-14 alcanzouse o ecuador do partido, unha diferenza que poñía todo a prol dos locais para a segunda metade.

Pero o Garaysa xogou a segunda parte con outro carácter. A defensa gañou en intensidade respecto á primeira metade, os apoios eran máis contundentes e aos atacantes do Cangas custáballes máis darlle continuidade ao balón cando eran pechados por varios defensas do Xiria. Isto unido á boa achega de Manuel na portería fixo que o resultado da segunda metade fora de empate a 18 goles, algo de ensalzar tendo en conta o visto no primeiro tempo e o complicado que é aumentar o ritmo e a intensidade no xogo cando tes o partido case perdido ao descanso.

Lección de madurez para un Xiria que foi de menos a máis e que non baixou os brazos cando tiña todo en contra. Agardamos que para a semana que ven Calvo e Carlos, baixas neste encontro, se reincorporen e o equipo recupere a senda da vitoria, esta vez na casa contra o Bm. Porriño.