CISNE BM. 30 – CALVO XIRIA 32
LIGA DE 1ª DIVISIÓN ESTATAL – XORNADA 18 11/02/2012 CISNE BM. 30 – CALVO XIRIA 32 Cisne Bm. 30 (16+14): Toño [p], David (5), Edu (2), Alberto, Pachi (1), Pablo…
LIGA DE 1ª DIVISIÓN ESTATAL – XORNADA 18
11/02/2012 CISNE BM. 30 – CALVO XIRIA 32
Cisne Bm. 30 (16+14): Toño [p], David (5), Edu (2), Alberto, Pachi (1), Pablo L. (2), Picallo (1), -equipo inicial- Galán [p], Pablo D. (8, 5 de 7 metros), Iván (1), Xosé (3), Abilleira (4), Ricardo (1), Andrés (2).
Calvo Xiria 32 (17+15): Iago[p], Cuco (5), Álex Zas (1), Sergio (3), Dubra (4), Manu (4), Pablo (8, 2 de 7 metros) -equipo inicial- Kike [p], Álex García (1), Miguel (3), Brais, Christophe (3), Ramón, Ángel.
Colexiados: Sres. Samuel Lozano Calderón e Pablo Martín Calvo, do colexio de Castilla La Mancha. Excluíron ao locais Iván (34´ e 55´) e Edu (52´), tamén aos xogadores visitantes Ramón (32´) e Cuco (39´ e 47´).
Marcador: 1-3, 2-6, 4-10, 9-13, 12-16, 16-17 (descanso); 18-18, 21-21, 24-25, 25-26, 27-29, 30-32 (final).
7 metros: Cisne Bm.: 5 / 5 ### Calvo Xiria: 2 / 2
Voltou o Calvo Xiria á senda da vitoria ante o Bm. Cisne, nunha pista na que está a colleitar os puntos que perde na casa cando se enfronta ao rival pontevedrés. Tamén recuperou o Calvo a soltura no seu ataque xa que, ainda errando moitos lanzamentos, foi quen de superar os trinta goles. Ao final, o resultado de 30 goles a 32 permitiu que os dous puntos voaran a terras carballesas para manter opcións de se achegar ao máis alto da clasificación. Tamén volvía ao Calvo Xiria CHRISTOPHE, logo de rematar a súa estadía en Dinamarca por motivos de estudos, e fixoo da mellor maneira posible.
O partido tivo un inicio eléctrico por parte do Calvo que chegou a manexar unha diferenza de seis goles no minuto quince, 4-10, o ataque e contraataque carballés era fluído e todos os xogadores marcaban dende as súas posicións, a defensa e portería impoñíase ao ataque pondevedrés… pero cando todo ía sobre raíles atopouse con Toño e os paus da portería, Pablo vateu neles ata en cinco ocasións, para facer que a renda acadada no inicio do partido se fose diluíndo pouco a pouco ata chegar ao descanso con vantaxe mínima para os visitantes, 16-17.
A segunda metade foi igualada e trepidante, con acertos e erros por parte dos dous equipos. Ningún dos dous quería deixar marchar os puntos sen planrtexar unha ardua batalla. Mais foi o Calvo o que mantivo unha maior regularidade e entrou nos derradeiros dez minutos do encontro por diante no marcador. Con moita tranquilidade, a pesar da defensa presionante do Cisne, manexou con soltura eses intres finais para acadar dous novos puntos.
A vindeira xornada o Calvo Xiria enfróntase ao Bm Lalín no Vila de Noia. Será o sábado 18 ás 18:30 h.