Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

BALONMAN FERROLTERRA 25 – IFECGAS PEREIRA XIRIA 42

Balonmán Ferrolterra (11+14) 25: Jesús, Víctor, Miguel, José Gayoso (3), Eneko (1), Xan, José Vázquez (4), Marcos (6), Eloi (9), Roberto, Vicente, Carlos, Martín (2), Juan. Ifecgás Pereira Xiria (22+20)…

Balonmán Ferrolterra (11+14) 25: Jesús, Víctor, Miguel, José Gayoso (3), Eneko (1), Xan, José Vázquez (4), Marcos (6), Eloi (9), Roberto, Vicente, Carlos, Martín (2), Juan.

Ifecgás Pereira Xiria (22+20) 42: Guillín, Ramón (6), Sergio (5), Ruben, Fernando (5), Manuel (10), Raúl (2), Hugo, Eloi (1), Alfredo (3), Aitor (10), Diego.
Colexiado: José Ignacio Pereira. Sen complicacións.

Un partido aburrido, sen intensidade e con moitos erros foi o que puideron presenciar os afeccionados que se acercaron ata o pavillón do Ensanche en Ferrol. Alí enfrontáronse o equipo local do Balónmán Ferrolterra contra o equipo carballés do Ifecgás Pereira Xiria na mañá do domingo en partido da oitava xornada do Campionato da Segunda División Autonómica.

O partido mantívose igualado nos primeiros 15-20 minutos. A partir de aí, as baixas e o menor estado de forma do equipo ferrolá fixo que, pouco a pouco, o equipo visitante, de Juan M. Rodríguez, se fose no marcador ata chegar ao 11-22 co que rematou a primeira metade.

A segunda métade seguiu coa mesma tónica que a do primeiro tempo: pouca intensidade nas accións, nada de defensa, moitas imprecisións e relaxación. Pero, a pesar de todas estas adversidades a maior calidade do equipo do Ifecgás Pereira fixo que rematara levándose o partido e os dous puntos en xogo para Carballo cun marcador final de 25-42. Finalmente Adrián non puido debutar debido a que non deu tempo a tramitar a súa ficha.

A próxima semana disputarase o novena xornada sen o equipo carballés xa que lle toca descansar. E a seguinte non se disputa liga porque coincide coa ponte da Constitución. Polo tanto dúas semanas sen liga para o equipo do Ifecgás que aproveitará para ver os enfrontamentos entre os seus rivais e para mellorar no seu xogo ofensivo e defensivo a espera da décima xornada que traerá, o 16 de decembro de 2007, o equipo do Tecnifont balonmán Narón nun partido que, a parte dos dous puntos, terá o aliciente da consecución dunha das prazas de ascenso a 2º Nacional. Agardase que para esta xornada xa poidan estar co equipo tanto Adríán como Ángel, a quen se lle está a tramitar a ficha tras a tramitación da baixa co Calvo Xiria.