Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

ESC MPAL DE CAMARIÑAS 17 – IFECGAS PEREIRA XIRIA 43

Escola Municipal de Camariñas (7+10) 17: Álvaro, Manuel (2), Breito (2), Francisco Pena (8), Jaime (2), Cristian, Iago (3), Angel, Francisco Pais. Ifecgas Pereira Xiria (20+23) 43: Chou, Damián (6),…

Escola Municipal de Camariñas (7+10) 17: Álvaro, Manuel (2), Breito (2), Francisco Pena (8), Jaime (2), Cristian, Iago (3), Angel, Francisco Pais.

Ifecgas Pereira Xiria (20+23) 43: Chou, Damián (6), Ricardo (2), David (4), Heitor (5), Ivan, Joaquin (3), Miguel (18), Bisbi, Luis García (2), Jorge Viñas (3).

Colexiado: Abel Chapero e Rafael Iglesias. Sen complicacións.

Terceira xornada do campionato provincial de infantil masculino e terceira vitoria consecutiva para o Ifecgás Pereira Xiria. Desta volta, tocoulle sufrir unha derrota na súa propia casa á Escola Municipal Camariñas en partido celebrado o sábado ás 12:30 da mañá.

Ao igual que nos partidos anteriores a sólida defensa e unha boa actuación dos gardametas do equipo carballés marcou os derroteiros polos que se desenvolveu o partido, pois isto propiciou moitos contrataques en primeira e segunda oleada que remataron nun 95% dos casos en gol. Pero, a pesar desta cómoda vitoria, os carballeses tiveron certas dificultades en sobrepasar a defensa 3:3, practicamente individual, que plantexaron os locais debido a pouca mobilidade dos xogadores visitantes que deixaban a unha acción individual do xogador que tiña a bola a responsabilidade de sobrepasar a defensa rival e conseguir o gol.

A vindeiro fin de semana non hai liga por mor da ponte da Constitución, pero si o seguinte (16-12-07) no que o Ifecgás Pereira Xiria enfróntase ao Tirso de Molina, terceiro na clasificación.