GARAYSA XIRIA 25 – CAIXANOVA OAR 15
Garaysa Xiria (9+16) 25: Miguel, Óscar (3), Diego (4), David, Iván (5), Alberto (2), Ramón -equipo inicial- Naya, Zas (8), Néstor, Borja, Puente (3) e Andrés. Caixanova OAR (5+10) 15:…
Garaysa Xiria (9+16) 25: Miguel, Óscar (3), Diego (4), David, Iván (5), Alberto (2), Ramón -equipo inicial- Naya, Zas (8), Néstor, Borja, Puente (3) e Andrés.
Caixanova OAR (5+10) 15: Roberto, Daniel (2), Rodrigo (3), Juan (4), Jorge (2), Fernando (1), Denis (3).
Árbitros: José I. Pereira. Sen influencia no marcador.
Nada se xogaban os dous equipos neste envite, co Garaysa matemáticamente campión do Trofeo Delegación Territorial dende xa hai dúas xornadas e isto deparou un partido para esquecer no Pavillón Vila de Noia entre o Garaysa e o OAR. O resultado no descanso, nove goles a cinco, fala por sí mesmo nun encontro no que o único reseñable foi a actuación dos dous gardametas, Miguel e Roberto, que tiveron un porcentaxe de actuacións superior ao sesenta por cen.
Se este dato fose pouco xa de por sí temos que engadir que o cadro herculino presentouse ao encontro con sete xogadores, feito que se repite despois da mesma situación do Bm Oleiros na cancha carballesa e que pouco axuda ao espectáculo no terreo de xogo.
A próxima cita será a ante o Tirso de Molina o día 16 de decembro, xa que esta fin de semana lle toca descansar ao cadro carballés e a vindeira hai un parón na competición motivado pola ponte, que servirá para pechar esta competición antes do parón do Nadal, tras o cal comezará a Liga Territorial.