BALONMÁN LALÍN 1997 34 – GARAYSA XIRIA 23

Balonmán Lalín 1997: 34 (17+17): Andrés, Iago (2), Arón (3), Javier (4), Adrián, Jose (5), Pablo (5), Álvaro (4), Brais (3), Román (8).

Garaysa Xiria: 23 (12+11): Jorge, Daniel García (4), Gabriel, Iván Campos (6), Raúl (4), Diego (5), Manuel (2), Buño, Iván Calvo, Alejandro, Enrique (2).

Colexiado: Manuel Docampo

O equipo infantil de División de Honra comezaba a súa andaina na Lif¡ga de División de Honra infantil visitando a pista do Balonmán Lalín 1997, equipo que, a priori, loitará polos postos altos da táboa. Os de Carballo comezaron o encontro ben entoados, chegando ao minuto 10 por diante no marcador, pero os dezanos non ían tardar en reccionar e amosar o seu poderío en ataque. Varias pérdas de balón do Xiria nas transicións remataban con gol en contra e o marcador trocaba a prol dos locais. Así chegou o descanso cun resultado de 17-12 que obrigaba ao Garaysa a reaccionar axiña se non quería deixar ir o partido.

Na segunda metade o Lalín non perdoou e os visitantes caeron presa dos nervios e cometeron demasiadas imprecisións ante un rival de altura.

Non é máis que o comezo da campaña, no encontro víronse cousas boas que indican que o traballo discorre por unha boa liña, así que os resultados chegarán pronto, non hai dúbida.

Debemos destacar o debut de tres caras novas, que chegan das categorías inferiores e forman parte do plantel por méritos propios, e que son Iván Calvo, Alejandro e Gabriel. Benvidos.

A vindeira semana o Garaysa Xiria viaxa a Ourense con toda a ilusión posta en estrear o seu cadro de puntos ante o Balonbmán Pabellón Ourense, sábado ás 11.00 h no Pavillón Municipal Anexo Os Remedios.