Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

BALONMANO PORRIÑO 38 – IFECGÁS PEREIRA XIRIA 38

Balonmano Porriño: 38 (21+17): Dani, Hugo (8), Alberto (6), Estévez (2), Brais (10), Pablo (3), Roberto (3) -equipo inicial- Manuel (4), Garza (2), Jesús, Miguel, Adrián, Brais Álvarez. Ifecgás Pereira…

Balonmano Porriño: 38 (21+17): Dani, Hugo (8), Alberto (6), Estévez (2), Brais (10), Pablo (3), Roberto (3) -equipo inicial- Manuel (4), Garza (2), Jesús, Miguel, Adrián, Brais Álvarez.

Ifecgás Pereira Xiria: 38 (20+18): Iván, Iago (10), David (12), Brais (8), Antón (1), Jorge (2), Miguel (3) -equipo inicial- Dani, Luís, Alvarito (1), Mario, Cristian, Martín (1) Joaquín.

Colexiados: Borja Rodríguez e J. Andrés Casaleiro.

Comezou a liga na División de Honra na categoría xuvenil. O Ifecgás Pereira Xiria viaxaba ata O Porriño para enfrentarse ao equipo graniteiro. Un Ifecgás Pereira que afronta esta competición con ilusións renovadas despois do excelente traballo feito no seu grupo na Copa Federación.

O equipo local, recén ascendido a categoría, era un descoñecido para os de Carballo, aínda que algún dos seus integrantes está cedido polo Octavio, o que facía presaxiar que se trataba dun conxunto con un alto potencial.

O encontro navegou nos sesenta minutos na absoluta igualdade. Un partido moi disputado e competido, onde se puido ver que, a estas alturas da tempada, os planteis teñen todavía moito marxe de mellora para alcanzar o seu cento por cento. Os ataques impuxéronse claramente ás defensas, de aí o resultado tan avultado. Este feito fixo que o encontro fora de ida e volta, moi atractivo polo tanto para os espectadores que alí se deron cita.

Os de Porriño facían moito dano na liña co seu pivote, que xa na primeira metade levaba a metade dos goles do seu equipo. A sua envergadura e o seu peso facíano imparable para a defensa dos de Carballo. Istes atopaban, pola sua parte, unha excelente movilidade de todos os seus efectivos en tarefas atacantes que permitía a definición dos xogadores de forma clara despois de desarbolar a defensa 5:1 dos locais. A tónica de igualdade marcou este primeiro acto con distacias mínimas, como así indicaba o electrónico ao remate dos primeiros trinta minutos, (21-20).

A reanudación non foi diferente e os guarismos dos equipos movéronse sempre na cercanía, eso si, con alternancias no marcador. Nos últimos dez minutos, os locais conseguían unha pequena renda de tres goles de diferenza que parecía que ía ser definitiva, pero os visitantes sacaron a sua garra para defender de forma eficaz neses últimos instantes e recuperar os balóns necesarios para empatar o encontro e incluso ter unha última posesión para levarse os dous puntos do pavillón porriñés. Ao final do partido, o marcador reflectía ese 38-38 que daba un punto a cada equipo e deixaba a ambos conxuntos polo menos a espera da segunda xornada para conquerir a sua primeira vitoria da tempada.

Na segunda xornada o Ifecgás Pereira Xiria recibe, o domingo ás 12.15 h no Pavillón Municipal Vila de Noia (Zona Escolar), a visita do Balonmán Cangas.