Balonmán Lalín: 21 (9+12): Non dispoñemos dos datos.
Ifecgás Pereira Xiria: 35 (14+21): Igor, Brais (5), Iago (7), David (9), Miguel (5), Antón (5), Ricardo (2) -equipo inicial- Alvarito, Dani, Mourín, Jorge Viñas (1), Martín, Luís(1).
Colexiado: Pedro Eiras e Sergio Rodríguez.
O Ifecgás Pereira Xiria fixo un excelente partido o pasado sábado na nova pista do Lalín Arena onde se impuxo con solvencia ao Balonmán Lalín. Sesenta minutos de máxima concentración, alta intensidade e un sobresaínte nivel competitivo en todos os seus homes fixeron posible unha victoria ampla e contundente, baseada nun balonmán rápido e vistoso, e con mostras de moita calidade.
Dende o primeiro momento o Ifecgás Pereira mandou no marcador, aínda que as diferenzas no electrónico non parecían facer xustiza á diferencia que si se apreciaba no terreo de xogo entre un e outro equipo. De calquera xeito, os visitantes sempre dispuxeron dunha vantaxe cómoda que non facía perigar os seus intereses. Ao intermedio chegábase con un 9-14 a prol dos de Carballo.
O equipo carballés aproveitou a segunda metade para distanciarse máis no marcador, impuxo un ritmo de partido moi regular ao longo de todos os minutos, sen baixar a garda en ningún momento. Todos os efectivos do equipo dispuxeron de minutos e rendiron a un gran nivel, demostrando que o traballo en equipo da os seus froitos.
Este resultado permite ao Ifecgás Pereira ser 1º de grupo nun triple empate con Cisne e Lalín e clasificarse así para as semifinais de Copa. Aínda que esta clasificación está pendente do que dictamine o cómite de competición posto que no acta do partido existe un erro no resultado. Os outros tres equipos clasificados son Seis do Nadal-Coia, S.D. Octavio Vigo e Las Cinco Jotas-Lavadores.
O vindeiro sábado o Ifecgás Pereira Xiria visita o Municipal do Porriño onde se enfrontará, ás 12.30 h, ao Balonmano Porriño na xornada inaugural da competición de Liga da División de Honra, na que se agarda que o Ifecgás Pereira Xiria faga tan bo papel como o que está a realizar na Copa.
