XORNADA 24
13/04/2013
Bm. Lalín: 26 (15+11): Simón (3), David, Manuel, Miguel (1), Alberte (4), Jaime (1), Pedro (11), Jose (6), Iker e Daniel.
Garaysa Xiria: 38 (19+19): Vila (4), Carlos (10), Xurxo (4), Tito (4), Juanca (3), Fran (2), Antonio, Ronaldo (1), Andy (2), Daniel (2), Brais, Roi (1), Pombo (5), Antón e Souto.
Colexiados: César Carballo e Alfonso Canitrot.
O Garaysa non fallou na súa visita ás terras do Deza, nun encontro sen demasiada transcendencia na clasificación pero no que ningún equipo deu o brazo a torcer. O partido tardou uns minutos en coller ritmo, as defensas dos dous equipos non andaban atinadas e os ataques impoñíanse, rematando demasiadas veces co balón no fondo da rede.
Pouco a pouco a defensa do Garaysa comezou a gañar en intensidade e os apoios chegaban con maior contundencia, pero seguía carecendo da profundidade necesaria para roubar o balón o que provocaba que as accións ofensivas do Lalín remataran case sempre en lanzamentos, complicando así o xogo de contraataque que tanto lle gusta ao equipo carballés. Ao descanso 15-19 a prol do Xiria que mantiña ao Lalín metido no encontro.
Tras o descanso o Garaysa apretou o acelerador e cuns minutos moi bos de defensa logrou varios roubos de balón que remataron no fondo da meta do Lalín. Dende ese momento o Xiria comezou a xogar máis tranquilo cunha boa marxe de goles que ía crecendo a medida que avanzaba o encontro.
Ao remate 26-38 para o Garaysa que firma unha nova avultada vitoria que o mantén coma o equipo máis goleador do campionato, logo do líder, o S.D. Teucro.
Na vindeira xornada o equipo despídese ante a súa afección no derradeiro encontro desta campaña en terras de Carballo, na penúltima xornada de liga, será contra o Bm. Pabellón Ourense o Domingo ás 10:30 horas. Agardase unha boa resposta na grada para despedir como se merece a este grupo de rapaces que amosou unha incrible melloría xornada tras xornada dende o seu primeiro encontro alá polo mes de setembro.
