CLÍNICA DEZA LALÍN 29 – IFECGÁS PEREIRA XIRIA 31

COPA FEDERACIÓN – SEMIFINAL

Clínica Deza Lalín: 29 (11+18): Xoán ,Santi (5), José (3), Marcos (2), Román (3), Enrique (2), David (5) -equipoinicial-Alberto,Manuel(3),Miguel(3),Fabián(3),Pinales,Dani.

Ifecgás Pereira Xiria: 31 (17+14): Zúpez, Anes (4), Julián (7), Javi (2), Alberto (1), José (3), Rubén Gómez (5) -equipo inicial- Óscar (2), Fidi, Iván (3), Enrique (2), Martín (2).

Colexiados: Pedro e Fernando Eiras.

O Ifecgás Pereira, tomouse cumprida vinganza da derrota en liga no campo do Clínica Deza Lalín e pasou por riba dos campións galegos no mesmo escenario, nesta semifinal de Copa.

O encontro comezou co equipo carballés moi centrado e intenso nas suas accións. Quizais había ganas de revancha pero, sobre todo, moitas de recuperar boas sensacións cara o sector do campionato de España a celebrar a próxima fin de semana en terras leonesas. Pronto tomou a dianteira no marcador o equipo de Xiria e mantivo rendas cómodas de tres e catro goles ao longo de toda a primeira parte. A defensa e a portería funcionaban perfectamente e no posicional a laboura de Julián desesperaba a retagarda local. Foi nas postrimerías deste tempo, cando o Ifecgas Pereira sacou a sua velocidade no contragolpe para acadar a máxima diferenza co asubío que indicaba a retirada aos vestiarios (11-17).

Na reanudación e cunha renda moi favorable para os visitantes, o Clinica Deza tiña que reaccionar para que o encontro non se lles marchara definitivamente das máns. Con esta premisa sairon os dezanos do vestiario e aumentaron a intensidade no xogo para reducir distancias no electrónico pouco a pouco. O encontro converteuse nunha lección de balonmán que tiña como protagonistas aos dous mellores equipos galegos en idade xuvenil. Os seareiros agradecían este espectáculo e levaban en volandas ao seu conxunto que era capaz de acurtar diferencias a tan so un gol no meridiano deste tempo. Dende aquí e ata o final, foi unha loita de poder a poder entre dous conxuntos que gustan dun balonmán rápido, dinámico e exquisito. Os de Carballo non se deixaron amedrentar pola remontada dos locais e xogando con madurez e sabiduría conseguíron manter a dianteira no electrónico en todo momento ata acadar o triunfo final e, con el, o pase á final de Copa que se celebrará a fin de semana do 28 deste mes en Carballo.

Excelente victoria no campo do campión galego que deixa as portas abertas para que o Ifecgás Pereira poida conquerir un novo éxito na final que se disputará dentro de duas fíns de semana en terras carballesas.