Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

BALONMÁN MURALLA 22 – IFECGAS PEREIRA XIRIA 25

Balonmán Muralla (11+11) 22: Cesar, Emilio (1), Angel (5), Sanjuan, Héctor (1), Antonio, Manuel, Alejandro, Marcos (2), Jesús (3), Jóse (3), Raúl (3), Mulan (4). Ifecgás Pereira Xiria (13+12) 25:…

Balonmán Muralla (11+11) 22: Cesar, Emilio (1), Angel (5), Sanjuan, Héctor (1), Antonio, Manuel, Alejandro, Marcos (2), Jesús (3), Jóse (3), Raúl (3), Mulan (4).

Ifecgás Pereira Xiria (13+12) 25: Guillín, Diego Diaz (1), Javi Zas (5), Aitor (2), Rubén (2) Eloy (2), Hugo, Manuel (6), Fernando, Barreiro, Jesús (2), Sergio (1) e Alfredo (4).

O Ifecgás Pereira Xiria impúxose na súa primeira saída fora do Pavillón da Zona Escolar no partido de liga da 2ª división autonómica masculina (grupo norte). O partido disputouse as 11.30 h da mañá do domingo no pavillón lugués de Frigsa, ante o Balonmán Muralla, cun resultado final de 22-25 a prol do equipo de Carballo.

A pesar da diferenza final de 3 goles a favor do Ifecgás Pereira o partido foi moi igualado e non se resolveu ata os últimos minutos do mesmo a favor do equipo visitante. Ata eses minutos finais, o marcador reflectía unha vitoria pola mínima ou un empate. Pero neses minutos finais, o Xiria evitou que os locais lles marcasen gol e á súa vez aproveitou as súas oportunidades en ataque. Un dous cero de parcial, xunto coa vantaxe de un gol coa que chegaban os carballeses, puxo a diferenza final de tres goles a falta de un minuto para o remate de partido. Diferenza que o Balonmán Muralla non foi capaz de reducir.

Con este resultado, o Ifecgás Pereira Xiria suma a súa segunda vitoria no campionato e colocase, con catro puntos, na segunda posición da táboa clasificatoria igualado co líder Balonmán Narón e co terceiro clasificado Grupo Deportivo Riveira. A vindiera fin de semana o equipo de Juan Manuel Rodríguez recibe ao Balonmán Fishing Worn Viveiro, equipo dirixido polo que fora adestrador do Calvo Xiria durante varias campañas en 1ª Estatal, Juan Fernández axudado nesta nova andaina en Viveiro polo brasileiro Randy da Conçeiçao que tamén traballou como técnico coas categorías de base do Xiria.