Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

GARAYSA XIRIA 29 – E.M. CAMARIÑAS 27

Garaysa Xiria (10+19) 29: Miguel, Borja (1), Diego, Iván (6), Ramón (13), Alberto, David (2) -equipo inicial – Néstor, Óscar (3), Rodrigo, Puente (2), Andrés (2). Bm. Camariñas (15+12) 27:…

Garaysa Xiria (10+19) 29: Miguel, Borja (1), Diego, Iván (6), Ramón (13), Alberto, David (2) -equipo inicial – Néstor, Óscar (3), Rodrigo, Puente (2), Andrés (2).

Bm. Camariñas (15+12) 27: Alejandro, Jesús (6), Xabier (4), Adrián (6), Carlos (2), Diego (3), Sergio -equipo inicial – Félix, Héctor, Cristian (4), Diango (2).

A segunda xornada do “Trofeo Delegación Territorial” na categoría Xuvenil Masculina deparou o enfrontamento entre o Garaysa Xiria e o Bm. Camariñas que se saldou cunha apurada victoria para os carballeses. No descanso mandaba o Bm. Camariñas por un parcial de 10 – 15.

Primeira parte de moitas probas por parte do conxunto local aproveitando esta competición coma período de pretemporada xa que a liga non comezará ata o mes de xaneiro. O cambio de sistema defensivo por parte do Garaysa beneficiou ao cadro camariñán que mandou dende o inicio do encontro con diferencias de ata seis goles. En ataque non encontraba o seu sitio tampouco o Xiria e sufría máis da conta para conseguir goles, pola mala selección dos lanzamento e peores porcentaxes de acerto.

Na segunda metade retomou o Garaysa a súa defensa 6:0 que aumentou a súa dureza e os visitantes non foron quen de romper coa facilidade da primeira metade. O contraataque carballés comezou a funcionar e froito diso foise achegando no marcador. O partido decidiuse nos derradeiros minutos nas situacións de superioridade numérica, aproveitadas dun xeito eficaz polos carballeses.

A vindeira xornada dispútase na Coruña ante o OAR.