Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

BALONMÁN OLEIROS 23 – PROCASA XIRIA 28

Bm Oleiros: Manuel, Pablo (2), Julián (5), Álex (2), Alvaro (8), García (6), Miguel -equipo inicial- Dego, Carlos, Nuñez, Jacobo, Yago. Procasa Xiria: Martín, Álex (9), Nogales, Ruben Gómez (6),…

Bm Oleiros: Manuel, Pablo (2), Julián (5), Álex (2), Alvaro (8), García (6), Miguel -equipo inicial- Dego, Carlos, Nuñez, Jacobo, Yago.
Procasa Xiria: Martín, Álex (9), Nogales, Ruben Gómez (6), Ruben Anes (2), Luís, Calvete (4) -equipo inicial- Miguel, Jorge (4), Edu, Javi (3)
Colexiados: Os colexiados José Pérez e Alberto Picallo estiveron mal en termos xerais pero sen influencia no marcador final.

O Procasa Xiria acadou unha importante, aínda que sinxela, vitoria, amosando a súa superioridade sobre o equipo oleirán. Deste xeito os rapaces de Fernando Vázquez continuan nunha meritoria terceira posición sendo tan só superados na clasificación polos galos da competición, Ifecgás Pereira Xiria e OAR.

O equipo de Oleiros presentouse con un equipo infantil de certa envergadura, aínda que con menos calidade que a que están a demostrar os carballeses que, pese a contar con catro baixas importantes nas súas ringleiras, concretou a súa superioridade cun marcador que xa no descanso sinalaba un 10-15 a prol dos bergantiñáns.

Os de Oleiros, aínda que con poucas ideas no seu ataque, facian dano na portería carballesa tan só con ataques illados nos que superaban a defensa do Procasa unicamente pola sua maior forza e envergadura.

Os visitantes, en cambio, facían moito dano cos seus contaataques, tanto en primeira como en segunda oleada, e, en canto comenzaron a xogar con ataques aos espazos e co movemento sen balón dos seus xogadores no ataque posicional, superaron a defensa do Bm Oleiros.

Ao final un 28-23 deixa ao Procasa Xiria nunha excelente posición para loitar polo terceiro posto agardando a recuperación de todos os seus efectivos.