Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

PUNTA DEL ESTE XIRIA 20 – EM CAMARIÑAS 21

Punta del Este Xiria (10+10) 20: Rosana, Carolina (6), Cristina (1), Sara, Leticia, Eva, Carla, Olalla (1), Patricia (1), Lorena, Aida (8), Alba, Belen (1), Tamara (6). Adestrador: Juan M.…

Punta del Este Xiria (10+10) 20: Rosana, Carolina (6), Cristina (1), Sara, Leticia, Eva, Carla, Olalla (1), Patricia (1), Lorena, Aida (8), Alba, Belen (1), Tamara (6). Adestrador: Juan M. Rodríguez.
Escola Municipal Camariñas (14+7) 21: Maria (1), Alicia (8), Carolina (1), Nieves (1), Carla (1), Yenifer (5), Yenifer Carril (1), Sandra (1), Nerea (1), Raquel (1), Leticia. Adestradora: Mónica Barreiro.
Colexiado: David Diez. Moi discutido polos locais.

Mala primeira metada e espectacular segunda do Punta del Este Xiria ante a EM Camariñas na derradeira xornada da competición para as carballesas (queda unha xornada pero tócalles descansar).

Mala primeira parte en defensa e en ataque do Punta del Este Xiria, en defensa non foi quen de parar, en ningún momento, as acometidas do equipo visitante e en ataque a falta de mobilidade para buscar o gol (salvo a sempre combativa Aida) e a falla de gol cando por fin se chegaba os 6m condeou ao equipo local. Equipo local que se marchou con cara de póker e con catro goles abaixo para a caseta.

Mais todo cambiou na segunda metade. As instrucións dadas polo adestrador local no descanso deron os seus froitos. O Xiria realizou unha defensa espectacular que so foi rebentada por continuos penaltis dudosos. Esta defensa xunto con un fluído e vertical ataque fixeron posible a remontada (20-19). Remontada que se esfumou no último minuto cando o Camariñas marcou un 0-2 de parcial aproveitándose dunha exclusión e dunha autoexpulsión de xogadoras carballesas. A pesar de todo o Xiria tívo o último balón para empatar, pero non se conseguiu.

Mención aparte tivo a arbitraxe que parecía que o Xiria lle tiña feito algo ao colexiado. Pois xa se sabe que o arbitro comete erros e que é moi difícil pitar, pero o mínimo que se lle pide e que exista un mesmo criterio nas dúas áreas e non pode ser que como por exemplo na segunda parte se piten continuos penaltis e exclusións a favor do Camariñas e as mismas accións e peores non se piten na outra área. Por exemplo pítanse un penalti a favor do Camariñas nunha falta corpo a corpo en sete metros e na outra área dúas xogadoras dentro da área non se pita nada. En fin, hai que tratar co que hai.

Co que hai que quedarse é que este equipo se traballa duro pode dar moito que falar no futuro. Pero hai que poñerse sempre o mono de traballo.