Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

BALONMÁN PABELLÓN 23 – GARAYSA XIRIA 28

Balonmán Pabellón 23 (13+10): Guillermo (7), Mateo (6), Luís (3), Daniel (3), Roberto (2), Diego (1), Iván, Carlos, Brais Gálvez, Brais Giráldez, Francisco. Garaysa Xiria 28 (15+13): Alberto Pereira (11),…

Balonmán Pabellón 23 (13+10): Guillermo (7), Mateo (6), Luís (3), Daniel (3), Roberto (2), Diego (1), Iván, Carlos, Brais Gálvez, Brais Giráldez, Francisco.

Garaysa Xiria 28 (15+13): Alberto Pereira (11), Enrique Pena (6), Julián López (5), Raul Garcia (2), Manuel Rial (2), Daniel Garcia (1), Diego Gago (1), Iván Campos, Óscar Esmorís, Gabriel Nogales, Jorge Brandon, Daniel Buño.

Colexiados:
Primeiros dous puntos que consigue o Garaysa Xiria. Houbo que agardar ata a sétima xornada, aínda que os carballeses teñen un encontro aprazado, para que o equipo carballés sumase a súa primeira vitoria.
Á parte dos dous puntos conseguidos, tamén se gañou ilusión e confianza nos xogadores carballeses cara vindeiros compromisos. Na primeira metade os de Carballo foron sempre por diante no marcador, practicando unha forte defensa e xogando con rapidez en ataque, a pesar de ter enfronte unha defesnsa 6:0 con xogadores máis corpulentos. O Garaysa, ademais, non puido contar para este partido con Cristian que se atopaba lesionado.
Na segunda metade o Bm Pabellón saíu de xeito máis forte, defendendo moi duro coa permisibilidade arbitral, pero o Garaysa respondeu moi ben en defensa. Nas tarefas ofensivas hai que destacar a un Alberto Pereira, con 11 tantos, que se amosou moi efectivo nos lanzamentos e penetracións, provocando sitacións de sete metros. Esta vitoria permite aos carballeses situarse na décima posición.
Na vindeira xornada os rapaces de Alberto Salgado reciben ao Bm Tui, o sábado ás 10.30 h no Pavillón Bergantiños.