CISNE 32 – VIPECÓN XIRIA 33
Cisne 32 (13+19): Juan, Aritz (2), José (6), Manuel (5), Pablo (7), Javier (7), Miguel (4) -equipo inicial- Justo (1), Juan, Gonzalo, Javi, Manuel, Jaime, Rodrigo. Vipecón Xiria 33 (17+16):…
Cisne 32 (13+19): Juan, Aritz (2), José (6), Manuel (5), Pablo (7), Javier (7), Miguel (4) -equipo inicial- Justo (1), Juan, Gonzalo, Javi, Manuel, Jaime, Rodrigo.
Vipecón Xiria 33 (17+16): Bisbi, David (10), Miguel (6), Martín, Rubén, JorgeViñas (5), JorgeBouzas(5) -equipoinicial- Eduardo, Iván, Javi (2), Álex (3).
Colexiados: Andrés Rosendo e Ana Correa.
Sexta xornada de liga na División de Honra cadete na que o Vipecón Xiria conseguía dous puntos importantísimos, a domicilio, fronte ao Cisne, que chegaba como 3º clasificado. Esto permite aos carballeses contar os seus partidos por vitorias e compartir o liderato co OAR.
No inicio do encontro, o Vipecón Xiria non foi o de outras ocasións e estivo falto de ritmo, atención e intensidade. As defensas non existiron por parte de ningún dos dous equipos e isto levou aos de Carballo a sufrir ata o final, dadas as curtas vantaxes no electrónico. Os visitantes colleron a vantaxe dende o inicio e mantiverona case que durante todo o encontro, aínda que sempre por estreita marxe, de feito a tensión apareceu nos rapaces do Vipecón cando os pontevedreses se poñían un gol por diante cando faltabas quince minutos para o remate. O público alí presente estaba sendo participe dun partido espectacular en canto a goles, un partido que prometía moito máis cara a segunda matade, xa que no descanso o marcador reflectía un 13-17 a favor dos bergantiñáns.
A reanudación foi vibrante e chea de tensión. Os locais facían unha defensa mixta sobre o xogador carballés David, pero o resto do equipo demostraba estar moi metido en tarefas atacantes e seguía a gozar desas pequenas vantaxes no marcador. Nos derradeiros minutos, a maior calidade dos visitantes e a súa tranquilidade propiciaron que estes dous importantes puntos viaxaran cara a Carballo.
Na vindeira xornada o Vipecón Xiria recibe a visita do Caixanova Octavio, equipo que precisamente lle arrebataba a 3ª posición ao Cisne tras a derrota destes fronte ao Xiria. O partido disputarase o vindeiro domingo, ás 10.30 h, no Pavillón da Zona Escolar de Carballo.