Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

BALONMÁN PABELLÓN OURENSE 18 – GARAYSA XIRIA 26

Balonmán Pabellón Ourense: 18 (11+7): Brais, Luis (7), Alejandro (1), Carlos, Diego (6), Guillermo, Pedro (1), Alejandro, Álvaro (1), Gabriel (2). Garaysa Xiria: 26 (13+13): Jorge, Buño, Daniel García (2),…

Balonmán Pabellón Ourense: 18 (11+7): Brais, Luis (7), Alejandro (1), Carlos, Diego (6), Guillermo, Pedro (1), Alejandro, Álvaro (1), Gabriel (2).

Garaysa Xiria: 26 (13+13): Jorge, Buño, Daniel García (2), Gabriel (1), Iván Campos (6), Raúl (2), Diego (3), Lolo (9), Alejandro, Enrique (3).

Colexiado: Manuel Docampo e Ángel Mateos

O Garaysa Xiria xogaba o seu segundo partido de liga na División de Honra infantil, e facíao, de novo, en calidade de visitante, viaxando desta volta ata Ourense onde ía enfrontarse ao Bm. Pabellón.

O encontro comezaba con alternativas no marcador para ámbos os dous conxuntos, aínda que o Xiria non tardou en axustar a súa defensa, o que conseguíu dificultar en gran medida a fluidez no ataque ourensán, que se voltou máis lento, incurrindo moitas veces en xogo pasivo. Aínda que o Garaysa non andivo moi atinado nas súas accións de ataque, o bo facer en tarefas defensivas era suficiente para ir tomando vantaxe no electrónico. Así chegaba o descanso cun 11-13 a prol dos de Carballo.

Na segunda metade o Xiria despegou, soubo correxir correctamente os erros do primeiro tempo, recuperouse a fluidez en ataque e en defensa deron un paso máis, arriscando nas disuasións e sendo contundentes nas axudas. Todo este traballo non tardou en reflectirse no marcador, e, pouco a pouco, o Garaysa ía collendo máis vantaxe. O Bm. Pabellón non tiraba a toalla e seguíase a esforzar, pero a defensa do Xiria non baixou os brazos ata o asubío final.

Ao remate, un 18-26 e os primeiros dous puntos para o Garaysa Xiria que segue a súa liña ascendente. O vindeiro sábado, o Garyasa Xiria visita a pista do OAR Caixanova, no primeiro derbi provincial da campaña. O Garaysa non se estreará na súa pista, ante os seus seareiros, ata o sábado, 23 de outubre, cando reciban ao Bm Cisne.