IFECGÁS PEREIRA XIRIA 35 – BALONMÁN CANGAS 22
Ifecgás Pereira Xiria: 33 (17+18): Igor, Brais (6), Iago (5), David (8), Miguel (8), Alvarito, Ricardo (2) -equipo inicial- Joaquín, Dani, Mourín, Jorge Viñas (3), Martín (1), Docampo, Mario (2).…
Ifecgás Pereira Xiria: 33 (17+18): Igor, Brais (6), Iago (5), David (8), Miguel (8), Alvarito, Ricardo (2) -equipo inicial- Joaquín, Dani, Mourín, Jorge Viñas (3), Martín (1), Docampo, Mario (2).
Balonmán Cangas: 22 (10+12): Alberto, Abel (5), Óscar (9), André (4), Rubén (1), Álex (2), Darío(1) -equipo inicial- Cristian, Fer, César, Otero, Acuña, Aitor, José.
Colexiado: Farruco Soliño e Julio Villanueva.
O Ifecgás Pereira Xiria fixo un excelente partido ante o Balonmán Cangas na 2ª xornada de liga na División de Honra xuvenil. Cos esta vitoria o equipo carballés colócase na 3ª posición, a un punto dos líderes Octavio e Sedona, sendo os tres únicos equipos que non coñecen a derrota cando tan só se levan disputadas dúas xornadas.
Sesenta minutos de máxima concentración, alta intensidade e un sobresaínte nivel competitivo en todos os seus homes fixeron posible unha victoria ampla e contundente, baseada nun balonmán rápido e vistoso con mostras de moita calidade.
Dende o primeiro momento, o Ifecgás Pereira comandou o marcador, aínda que a diferenza no electrónico non parecía facer xustiza á superioridade carballesa que si se apreciaba no campo nestes primeiros compases. De calquera xeito, os locais sempre dispuxeron dunha vantaxe cómoda que non facía perigar os seus intereses. Ao filo do descanso, os do Ifecgás daban un golpe enriba da mesa e, baseandose na sua defensa e nos rápidos contragolpes que caracterizan o equipo, conseguían ampliar a vantaxe ata o 17-10 que sinalaba o marcador no intermedio.
O equipo bergantiñán aproveitou a segunda metade para distanciarse máis no marcador, dmostrando neste segundo acto un ritmo de partido moi regular ao longo de todos os minutos, sen relaxacións nin baixar a garda en ningún momento. Todos os efectivos do equipo dispuxeron de minutos e rendiron a gran nivel, demostrando que o traballo en equipo da os seus froitos.
O seguinte encontro para o Ifecgás Pereira Xiria será na sempre complicada pista do Rosal ante o Mecalia Atl. Novás, domingo ás 11.30 h.