BALONMÁN TUI 27 – VIPECÓN XIRIA 47
Balonmán Tui 27 (12+15): Jhoan, David (1), Manuel, Brian (2), Diego (2), Pablo (10), Fabián (12) -equipo inicial- Adrián, Sergio, Kevin, Jacobo, Brais. Vipecón Xiria 47 (22+25): Bisbi, Miguel (11),…
Balonmán Tui 27 (12+15): Jhoan, David (1), Manuel, Brian (2), Diego (2), Pablo (10), Fabián (12) -equipo inicial- Adrián, Sergio, Kevin, Jacobo, Brais.
Vipecón Xiria 47 (22+25): Bisbi, Miguel (11), Heitor (1), David (13), Jorge Viñas (4), Rubén (7), Álex (5) -equipo inicial- Iván, Martín (1), Javi (1), Jorge Bouzas (4), Eduardo.
Colexiado: Ana Correa e Sergio Rodríguez.Tiveron unha boa actuación en liñas xerais.
Comezou a competición na liga da da División de Honra na categoría cadete e non puido comezar mellor para o Vipecón Xiria que, cunha contundente vitoria na pista do recén ascendido Bm Tui, se situa como primeiro líder da compeción.
Foron os visitantes os que levaron a dianteira dende o comezo, amosando superiores en todas as fases do xogo. En definitiva, un partido sen historia coma xa sinalaba o electrónico ao remate da primeira metade, 12-22. Todos os xogadores carballeses dispuxeron de minutos de xogo e todos eles estiveron a un bo nivel.
A segunda metade desenvolveuse dun xeito similar, o único aliciente era saber de canto ía ser a diferenza a prol dos visitantes. Ao remate, un incontestable 27-47, deixaba ben claro as diferenzas que hai entre os dous conxuntos e debuxaba o primeiro paso dun ilusionante ano para os nosos cadetes.
O vindeiro partido do Vipecón Xiria será o proximo sábado no Pavillón da Zona Escolar de Carballo, onde os de Fernando Vázquez se enfrontarán ao Mecalia Atl. Novás, que tamén gañoiu de xeito contundente na 1ª xornada.